29 febrero 2016

Festas de San José en Dena.


A parroquia de Dena celebra o seu San José os próximos 18 e 19 de marzo de 2016.


O venres 18 terá lugar a Festa da Xuventude, a partir da 22:00 horas, con grupos coma Noite Fechada ou Xunta de Malisia.


O sábado 19 de marzo haberá Pasarrúas coa Agrupación Folclórica Penaguda e a Banda Unión Musical de Meaño.
Á unha da tarde será a Misa Solemne, cantada polo Coro Ría de Dena, e pola noite a Verbena correrá a cargo das orquestas Olympus e Abanico.
A partir da 1 da madrugada, repartirase chocolate e rosca gratis para os asistentes.


Non lle teñades medo á choiva porque haberá unha carpa no recinto da festa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario