PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN
Dona Icía García
Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal
Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito
proceda DI:
Que de conformidade co
artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración
Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación
Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión
de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en
poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o
desenvolvemento das súas funcións.
Que o asinante precisa da
seguinte documentación:
Na acta da sesión
extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local de data de 27 de
agosto do 2015, axdudicouse o servizo de catering para o Comedor
escolar do CEIP Coirón á empresa SERUNION, S.A, no que se estipula
o prezo do menú en 2,72€ (IVE incluido). Actualmente o prezo
máximo que deben pagar os pais dos nenos por un menú é de 4,25€.
Por todo o anteriormente
exposto, SOLICITO:
- Solicito da Alcaldía informe xustificativo e desglosado de cómo se chega ao prezo final do menú do comedor (4,25€).
Asdo. Icía García
Fernández
Voceira do Grupo Municipal
Socialista
No hay comentarios:
Publicar un comentario