Se es un galego retornado ou o seu cónxuxe ou fillo e estás pensando en convertirte en traballador autónomo, cooperativista ou socio laboral, esta axuda está pensada para ti.
Ademais dos requisitos específicos, que podes ler clicando aquí, os solicitantes deberán, por exemplo, contar coa nacionalidade española antes do retorno a España; non ter transcorrido máis de dous
anos entre a data do seu retorno e a data de presentación da
solicitude; residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional en Galicia; ou non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.
A contía máxima subvencionable será de 4.000 euros, no
caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e de 6.000
euros, no caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais
ou cooperativas de traballo asociado.
Cando a persoa solicitante teña 39 anos
ou menos, o importe da subvención resultante do parágrafo anterior
incrementarase en 1.000 euros, e en 1.000 euros máis no caso de ser
muller.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 31 de agosto de 2016.
Anótate xa na sede electrónica da Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario