27 septiembre 2016

O prazo remata o 29 de setembro!!!




Pinchando aquí podes ver que día, en que horario e en que parroquias se desenvolven as diferentes actividades.

- Se estás interesado en participar nas actividades, debes entregar a solicitude, xunto coa copia do DNI e a domiciliación do adeudo SEPA, na Casa do Concello, ata o xoves 29 de setembro de 2016. 

O cobro das actividades farase por domiciliación bancaria mensual.

 As baixas deberán solicitaranse por escrito, na Casa do Concello, con quince días de antelación.

O impago ou devolucións bancarias de dous meses consecutivos será causa de baixa nas actividades nas que estean inscritos, pero isto non exime de facer efectivo o pago dos meses nos que participou nas actividades.

De quedar prazas vacantes, poderán admitirse participantes fóra de prazo.

O concello establece un mínimo de 10 alumn@s para formar grupo.

Todas as persoas que participan nas actividades estarán cubertos por un seguro de accidentes.

-As actividades comezarán a semana do 3 de outubro, se xa hai grupos formados.


Polo que respecta ao prezo, cada actividade custará 25 €/ mes, aínda que pode que teñas dereito a algún dos descontos previstos:
 - Pola asistencia de 3 ou máis irmáns ou membros a mesma unidade familiar ou de convivencia: deducción dun 30%.
- Pola asistencia de 2 ou máis irmáns ou membros dunha mesma unidade familiar ou convivencia: deducción dun  20 % .     
- Por famila numerosa: deducción do 25 % (acreditado co título de familia numerosa en vigor).
-  Por participar en cada actividade, a maiores da primeira: deducción do 10%.
- Por ter, o participante nas actividades, recoñecida unha minusvalía do 33% ou superior: deducción do 10%.

Ollo: Estes descontos son acumulables entrefamiliares ou calquera membro que estea empadronado na mesma vivenda, do Concello de Meaño, e participen nas distintas actividades ofertadas, podendo acumular cada usuario ata un  máximo do 50 % de deducción.


Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao 986.74.75.85 ou 986.74.71.02.

Comeza o curso na Escola de Música.


Se estás matriculado ou coñeces a alguén que o estea, non esquezades o inicio do curso.

12 septiembre 2016

Nota de Prensa.




Meaño, a 11 de setembro de 2016


NOTA DE PRENSA


OS SOCIALISTAS DE MEAÑO DOAN MÁIS DE 300 ALIMENTOS.

Xulio Torrado e Óscar Serantes, das Agrupacións de Vilagarcía e Sanxenxo respectivamente, tamén quixeron participar na Carreira Popular de Meaño.


Tras facer unha colecta entre os membros, simpatizantes e colaboradores da Agrupación Socialista de Meaño, entregáronse mais de 300 alimentos non perecedoiros, doados ao Programa de Emerxencia Social do Concello.

O pasado domingo 11 de setembro, celebrouse en Meaño a XXXII Carreira Popular, onde participaron os concelleiros Icía García e Manuel Radío, acompañados doutros membros da Agrupación Socialista de Meaño, así coma de membros socialistas doutros concellos próximos, tales como Xulio Torrado, número 3 na candidatura por Pontevedra do PsdeG-PSOE ou Óscar Serantes Pupín, número 19.

Este ano, esta agrupación, conseguiu superar a cantidade económica e material doada na carreira celebrada o ano pasado, en setembro de 2015.

Trátase dun pequeno xesto, co que queremos demostrar o noso compromiso coas tradicións, o deporte e a solidariedade”, en palabras de Icía García.



Agrupación Socialista de Meaño
Queremos facer máis por ti e por todos.  

De verbena en Meaño.



Pola noite, chegou o tempo da música coa Orquesta Televisión de Galicia...




e á actuación de María do Ceo e a Banda Unión Musical de Meaño.




Meaño en festas, remata bailando!!!


Ata o ano que vén!!!

Carreira Popular de Meaño.


Antes de comezar a carreira, entregamos a comida, que mercamos coas doazóns dos nosos compañeiros, simpatizantes, colaboradores...

Foron algo máis de 300 alimentos!!!!

Moitas gracias a tod@s porque sen vós, isto non sería posible!!!




Nesta ocasión, non só participaron membros da nosa agrupación, se non tamén da Agrupación Socialista de Sanxenxo e da de Vilagarcía. 
Estiveron, acompañándonos na andaina, Óscar Serantes, Xulio Torrado e Gabriel González.




O noso concelleiro, Manuel Radío, participou na carreira, mentres que a nosa Portavoz, Icía García, fíxoo na andaina.





Había un gran ambiente na Praza do Concello!!!


Preparando a carreira.



Este sábado fomos mercar os alimentos, para a doazón solidaria da Carreira Popular de Meaño.








Por suposto, fixémolo no comercio local: foi no Super "Pedriñas", en Xil. 
Moitas gracias aos seus donos pola súa amabilidade e atención.

10 septiembre 2016

Actuacións infantiles en Meaño.



Hoxe desfrutamos da obra teatral, estilo contacontos, Carapuchiña Vermella, representada por Educa Teatro.

Ante o temor de que chovese, a actuación desprazouse ao Pavillón de Meaño, en lugar de na Praza do Concello.


Chega a Meaño da man do Programa "Cultura no Camiño", da Axencia Galega das Industrias Culturais, e o concello integrouno dentro do Programa Sons de Verán 2016, ademais de facer coincidir esta actuación coa Festa dos Milagres de Meaño.

Praza de fisioterapeuta.



O Concello de Meaño anuncia a contratación dun fisioterapeuta, desde outubro a decembro, podendo prolongarse o contrato ata o fin das actividades programadas no Centro Social Polivalente, co orzamento de 2017.

Podedes consultar as bases de contratación, pinchando aquí.

Dádevos présa porque o prazo de presentación de solicitudes e documentación é de 5 días hábiles desde hoxe.

Moita sorte a todo@s!!!

Meaño en festas.


Comeza a Festa dos Milagres en Meaño con numerosas actividades...




- O sábado 10 de setembro de 2016, podes acudir ás 19:00 horas á representación teatral de Carapuchiña Vermella, na Praza do Concello en Meaño. 



 - Ás 20:30 horas, actuará  Uxía Lambona e a Banda Molona, na mesma praza.



- O domingo 11 de setembro, a actuación será ás 21:00 horas, na Praza do Concello, da Banda Unión Musical de Meaño e María do Ceo.

As tres actuacións forman parte do Programa Sons de Verán 2016.

 

- A verbena correrá a cargo da Orquesta Televisión de Galicia.

 
- Antes, o domingo ás 11:00 horas, terá lugar a Carreira Popular de Meaño. 

09 septiembre 2016

Nota sobre a Carreira Popular de Meaño.



Meaño, a 8 de setembro de 2016




OS CONCELLEIROS SOCIALISTAS COMPROMETIDOS COA XXXII CARREIRA POPULAR DE MEAÑO.

Manuel Radío e Icía García van participar en diferentes categorías da tradicional carreira.


A Agrupación Socialista de Meaño estará representada, o domingo 11 de setembro,  polo concelleiro Manuel Radío, que competirá no “Circuito Longo”, e pola voceira do partido Icía García, que participará na categoría de “Andantes”.

Ademais, outros membros da agrupación acompañarán, nesta carreira solidaria, a ambos concelleiros.

Este será o segundo ano que participe Manuel Radío, que se estreou no 2015. “Non pretendo mellorar o meu tempo nin competir, senón desfrutar da experiencia e colaborar cos Servizos Sociais”, afirma o concelleiro.

Hai que recordar, que esta carreira é gratuíta, pero que se convida aos participantes a doar un quilo de alimentos non perecedoiros, como xesto solidario, para o Programa de Emerxencia Social do Concello.

“Trátase dun pequeno xesto, co que queremos demostrar o noso compromiso coas tradicións, o deporte e a solidariedade”, en palabras de Icía García.

Con este fin, estase a facer unha colecta entre os membros, simpatizantes e colaboradores da Agrupación Socialista de Meaño coa que se mercará un lote de alimentos, que se doará antes de comezar a carreira.

Desde a Agrupación Socialista queren recordarlle, ás persoas interesadas en  participar na categoría de andantes, que poden facelo, inscribíndose o domingo antes das 10:30 da mañá.



  
Agrupación Socialista de Meaño
Queremos facer máis por ti e por todos. 

03 septiembre 2016

Últimas prazas na Escola de Música.



Recordade que do día 1 ao 7 de setembro, ábrese o prazo de matrícula, para alumnado novo, na Escola Municipal de Música, para as especialidades nas que existen prazas vacantes, que son as que seguen:

- Música e movemento I (para os nacidos no ano 2013): 10 prazas.

- Música e movemento II (para os nacidos no ano 2012): 2 prazas.

- Inicio linguaxe musical I (para os nacidos no ano 2010): 7 prazas.

- Inicio linguaxe musical II (para os nacidos no ano 2009): 2 prazas.

- Linguaxe musical (1º curso): 2 prazas.

- Linguaxe musical (outros cursos): 6 prazas.

- Harmonía e análise: 8 prazas.

- Frauta: 1 praza.

- Oboe: 1 praza.

- Saxofón: 1 praza.

- Fagot: 1 praza.

- Clarinete: 2 prazas.

- Trompeta: 3 prazas.

-Trompa: 2 prazas.

- Viloncello: 1 praza.

- Piano: 1 praza.

- Piano Complementario: 9 prazas.


- Os criterios para adxudicar as prazas vacantes serán:
1. Empadroados do Concello de Meaño, por orde de entrada da solicitude no Rexistro do propio concello.
2. Ter un irmán xa matriculado nesta escola para o curso 2016-2017.
3. As demais solicitudes presentadas, por orde de entrada no Rexistro do Concello de Meaño.

As listas de admitidos publicaranse na páxina web do Concello de Meaño e no taboleiro de anuncios da entrada da Casa do Concello.
Os non admitidos pasarán á lista de reserva, por se se producise algunha baixa no primeiro trimestre.


O alumnado que pretenda optar a un segundo instrumento ou realizar un cambio de instrumento, poderá facelo unha vez finalizado o prazo de matrícula, sempre e cando  queden prazas vacantes.

02 septiembre 2016

Plan de fin de semana!!!



Esta fin de semana, podedes desfrutar de diferentes eventos:



- Venres 2 de setembro, ás 21:00 horas, na Área Recreativa dos Muíños de Lores, actuación do grupo "Onte e Hoxe", dentro do programa Sons de Verán 2016.



- Ás 23:00 horas, no Bar Lage, en Lores, acústico do dúo "Take It Easy", formado por Pablo Costa e Santi Martínez.




- Sábado 3 de setembro, ás 10:00 horas, no campo do Monte da Vila, en O Grove, partido de fútbol infantil do San Martín contra o Dena.


- Ás 12:00 horas, no campo de As Cachizas, en Dena, partido de fútbol alevín, entre o Dena e o Grove.


 - Ás 19:00 horas, partido de fútbol veterano no campo de As Cachizas, en Dena, entre o Unión Dena Veteranos e o S.D. Noalla Veteranos.


- Ás 22:30 horas, Furantxo Rock en Cobas, coas bandas Eskorbuto, Noite Fechada e Fendecha. A entrada son 15 euros.



- Domingo 4 de setembro, de 10:00 a 20:00 horas, II Concurso KÜR Musical, de doma clásica, na Finca Veiguiña, en Ganón (Xil).




- Ás 12:00 horas, partido de fútbol cadete, no campo do Outeiro, en Barro, entre o Barro e o Dena.


- Ás 18:00 horas, I Trofeo de fútbol, patrocinado por Bar-Parrillada O Compadre e Excavaciones Carabel, no campo de As Cachizas, en Dena, disputado entre o Unión Dena, C.F. e o Deportivo Xil.