No Pleno da Corporación do día 8 de febreiro de 2016, os concelleiros socialistas fixeron as seguintes PREGUNTAS:
-Cal é a contía dos desperfectos causados polo temporal do sábado pasado?
A Alcaldía afirmou que inda descoñece a contía dos desperfectos.
Que uso vai darlle ao Pavillón de Xil?
Estase a valorar a creación dun complexo de actividades físicas (ximnasio).
- Con qué
finalidade se fixo a páxina Web do Concello? Que se publicita nela
e por qué hai actividades que non se publicitan e, en cambio, saen noutros medios?
A Alcaldía dixo que o persoal non daba para todo, ao que os nosos concelleiros replicaron que, nese caso, será necesario contratar persoal.
- O primeiro de ano
os concellos de Meaño, Sanxenxo e O Grove sufriron un apagón grave. Que axudas prestou o Concello aos afectados? Que medidas tomou?
Publicitouno?
A Alcaldía explicou que non lle constan reclamacións, pero que, por suposto, estaban alí para intermediar cosusuarios.
Ante a pregunta de se se publicitou este servizo, a Alcaldía contestou que non.
É difícil facer uso dun servizo do que se descoñece a súa existencia!!!!
- En relación ao ensanche do Pazo do Monte en Padrenda, cal é a situación actual, tendo en conta que o prazo da prórroga rematou o 31 de decembro de 2015?
A Alcaldía explicou que seque negociando con dous veciños.
- No pasado pleno a Alcaldía non respondeu a algunhas preguntas que se lle fixeron, polo que estas volveron a formularse:
- Cal é a situación da RPT? Estase redactando unha nova?
A resposta da Alcaldía foi que unha empresa elaborou a Relación de Postos de Traballo, pero esta está parada, debido á Lei de Racionalización e Sustentabilidade, que o propio partido do equipo de goberno aprobou a nivel estatal.
Fíxose un gasto ao que agora non se lle pode sacar rendabilidade, ademais de ter aos traballadores nunhas condicións que non se corresponden coa realidade.
- Cal vai ser a solución para a entrada do Colexio As Covas en Meaño?
A Alcaldía afirmou que esta é unha cuestión de difícil solución.
Se gobernar fose sinxelo, calquera podería facelo.
- Cando van rematar as obras da estrada de Cobas?
Segundo a Alcaldía, decoñecen a data e depende da Deputación.
- Ademais, conseguimos que se limpase unha finca con maleza próxima ao CEIP Coirón-Dena, que causaba problemas de salubridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario