Xa saiu a lista de admitidos e excluidos para participar no proceso selectivo para convocado para a praza de operario encargado de obras do Concello de Meaño.
Hai un total de 13 admitidos e 12 excluidos temporalmente. As razóns da súa exclusión son o non aportar o seu curriculum vitae e/ou non aportar o carnet de conducir clase C.
Estas 12 persoas, así coma aquelas que se presentasen e non aparezan en ningunha das dúas listas, teñen tres días para presentar a documentación que lle falta ou subsanar posibles erros, pasando polas oficinas do Casa do Concello.
O anuncio ten selo de saída do día 10 de febreiro, así que,
DÁDEVOS PRÉSA: OS 3 DÍAS XA ESTÁN CONTANDO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario