14 febrero 2016

Festa de Entroido da ANPA SEMENTEIRA.


A ANPA SEMENTEIRA do CEIP Coirón-Dena tiña programada unha Festa de Entroido para onte, sábado 13 de febreiro, no Pavillón de Coirón.

Debido aos problemas de condensación deste, a Asociación Sementeira viuse obrigada a cambiar a ubicación da súa festa ao Centro Social de Dena, cunha menor capacidade e con peores infraestructuras para este tipo de eventos.

 
 A festa estivo animada por Javi Solla e contou cun obradoiro de maquillaxe.

Parabéns para esas nais e pais que se esforzan por facer un bo traballo, empregando o seu tempo nos demais!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario