Chega a primavera e con ela novos contos.
O Concello de Meaño organiza sesións de contos, con manualidades incluídas, para rapaces de 1º e 2º de Primaria e para rapaces de Educación Infantil.
Hai 20 prazas por sesión, que se asignarán por orde de inscrición, así que debedes darvos présa, se estades interesados en levar aos vosos nenos, e chamar ao 984.74.71.02 ou ao 986.74.75.85, en horario de mañá.
As sesións serán en horario de 18:00 a 19:30 horas, na Biblioteca Pública.
Os nenos de Infantil disfrutarán desta actividade os seguintes días:
- 10 e 31 de marzo.
- 14 e 28 de abril.
- 5 e 19 de maio.
Os nenos de 1º e 2º de Primaria poderán acudir a esta actividades os días:
- 7 e 14 de marzo.
- 4 e 18 de abril.
- 9 e 23 de maio.
A LER PARA CRECER!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario