O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte
MOCIÓN, referida á situación da
ponte de Ganón (Xil).
Dende
fai algúns anos esta ponte vén sufrindo un deterioro constante, que
se agrava co paso do tempo.
Varios
veciños trasladáronos a súa preocupación por esta situación,
dado que é unha ponte cun tránsito viario moi elevado, incluído o
autobús do transporte escolar, que pasa por enriba entre doce e
dezaséis veces á semana, cargado de MENORES.
Por
outra banda, durante os últimos invernos na PONTE
DE GANÓN, apareceron boquetes no
asfalto, de maneira repetitiva. A solución escollida polo Equipo de
Goberno correspondente foi a de bachear novamente ditos boquetes,
repetíndose a situación un tempo máis tarde.
Pola contra,
a esta Agrupación non lle consta que en ningún momento se
investigasen as causas de tales problemas.
Despois de observar as fotografías da
estrutura da ponte, parece posible que esta teña un problema grave
nos seus alicerces, probablemente causada pola propia auga do río,
que circula polos aros de paso.
Ao mesmo
tempo, a Alcaldía do Concello de Meaño sempre amosou interese por
coñecer o estado real das cousas, ante de tomar decisión drásticas.
Unha mostra disto foi cando se solicitou un informe para saber cal
era o estado da árbore das Angustias, antes de decidir a súa tala,
ou a das árbores dos Pasales, onde se tomaron as mesmas medidas.
Tendo
en conta isto, e que pola ponte de Ganón circulan todo tipo de
usuarios, incluso menores, solicitamos ó Pleno da Corporación a
adopción do seguinte ACORDO:
- Instar á Alcaldía e/ou ao Grupo de Goberno a elaboración dun informe técnico para abordar o estado real e estrutural da Ponte de Ganón.
En
Meaño, 1 de febreiro de 2016
Asdo: Icía García
Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA
DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario