No Pleno da Corporación, celebrado o pasado 8 de febreiro, tratáronse diversos aspectos, dos que imos dar conta a continuación.
-O primeiro dos puntos que se abordou foi a MOCIÓN CONXUNTA CONTRA O ANTEPROXECTO DA LEI DE ACUICULTURA DE GALICIA.
A nosa agrupación presentou esta moción o día 1 de febreiro, pedindo a retirada do anteproxecto desta lei, despois de falar cos afectados.
Con data de 3 de febreiro presentouse a moción conxunta, tras unha reunión previa das tres agrupacións municipais.
Por suposto, o noso voto foi "A FAVOR" da retirada do anteproxecto porque apoiamos totalmente ao sector do mar e cremos que non basta coa paralización desta lei.
- O seguinte punto foi a aprobación do Plan Especial de Mellora do Núcleo Rural da Iglesia-Lores.
Este Plan vai mellorar a seguridade da zona para vehículos e peóns, ademais, de revitalizar o contorno da Igrexa parroquial, ao conectala directamente coa estrada de Lores-Sanxenxo.
Por outra parte, o vial que vai abrirse cara ao aparcamento é unha demanda antiga da Asociación de Veciños.
Por todas estas razóns, o noso voto foi "A FAVOR".
- O terceiro dos temas que se tratou foi o de informar, por parte da Alcaldía, sobre a posibilidade de transformar de oficio contratos temporais en indefinidos, de acordo cun informe elaborado por técnicos da Deputación de Pontevedra.
O informe conclúe que a empresa privada non funciona de igual modo que a Administración Pública, posto que para acceder a esta hai que facelo seguindo criterios de igualdade, mérito e capacidade, a través de probas. En calquera caso, tras a reclamación do traballador, poderían converterse en indefinidos, pero nunca en fixos.
Neste caso, non houbo votación.
- No cuarto punto, a Alcaldía informou sobre un informe elaborado pola Secretaria de Intervención, a cerca do pago dos trienios ao persoal laboral fixo.
O informe conclúe que non procede o seu pago porque, por unha banda, inclumpliríase a Lei 48/2015, de 29 de outubro, de presupostos xerais do Estado para o ano 2016; e, por outra, sería preciso facer unha negociación colectiva ou unha negociación individual.
O noso equipo xurídico está a estudar este informe.
Neste caso, non houbo votación.
- O último punto foi para informar dos períodos de pago do Concello de Meaño.
Neste caso, non houbo votación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario