-Se tes máis de 60 anos ou es pensionista maior de 55.
-Estás empadroado e resides nun concello de Galicia.
-Váleste por ti mesmo nas actividades da vida diaria.
-Non padeces enfermidades infecto-contaxiosas en fase activa nin trastornos mentais ou conductuais non compensados.
-E careces de contraindicacións médicas para recibir tratamentos termais...
estás de noraboa porque podes ser un dos 607 beneficiados do Programa Benestar en Balnearios, da Xunta de Galicia.
Cada estancia terá unha duración de 10 días, entre os meses de marzo e decembro de 2016, cun custo que vai desde 299'81 euros, a praza máis barata, ata 376'46 euros, a máis cara.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días, a partir de mañá, 17 de febreiro.
Podes cubrir a túa solicitude na sede electrónica da Xunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario