07 febrero 2016

Pola humanización da Área Recreativa de Cobas.


O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida á humanización da área recreativa de Cobas.

Cobas ten unha das mellores vistas do Concello, debido á súa situación xeográfica, que a coloca sobre a ría de Arousa.

Así, ademais do Mirador de San Cibrán, conta cun mirador natural, situado no Monte da Raposa, onde se atopan o campo deportivo e a Casa de Cultura.

Por outra banda, esta zona foi acondicionada cando se construeu a Pousada, dotándoa de alumeado, beirarrúas, afaltado e pintado, reordenación da circulación do tráfico, creación de glorietas...

Sen embargo, non se acometeu ningunha mellora na área recreativa, a pesar da súa cercanía a un local de hospedaxe, promocionado desde un órgano coma a Deputación Provincial, que previsiblemente animará turística e economicamente a zona.

Tamén hai que recordar que Cobas é coñecida turísticamente polas súas tabernas, bares e furanchos, mobilizando gran cantidade de turistas e visitantes, que acoden a esta parroquia a comer ou cear, en moitos casos acompañados de menores e xente maior, para pasar varias horas nesta parroquia.

O Monte da Raposa está próximo a zona de concentración destes locais e a súa humanización permitiría crear un lugar de esparcemento axeitado e sen riscos, para desfrutar as familias que se achegan a Cobas, ademais dos beneficios para os propios veciños.


Por todo iso, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

  1. Instar á Alcaldía e/ou ao Grupo de Goberno a realización dun estudo da repercusión turística e económica que conlevaría á humanización da área recreativa de Cobas


En Meaño, 1 de febreiro do 2016


Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE



SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario