O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a
seguinte:
MOCIÓN
O
sector do mar de Galicia é estratéxico na economía local, polo
emprego directo que xera, mariscadoras a pé, bateeiros, mariñeiros,
mariscadores a flote, etc, entre os que se atopan veciños e veciñas
de Meaño, que constitúen un amplísimo colectivo que ten o seu
medio de vida no mar. Con empregos estables, tamén en época de
crise, porque están menos expostos ao ciclo económico – ao
contrario do que acontece en outras actividades –. O secror do mar
representa o 4% da producción total da economía galega e dá
traballo, directo ou indirecto, a miles de familias.
Tamén
é un sector estratéxico na economía local polo emprego que induce
en diversas actividades en terra:
- Empresas destinatarias do producto (depuradoras de moluscos, cocedeiros, conserveiras, centros de conxelación e pasteurización, procesadores e comercializadores)
- Empresas proveedoras de servizos e suministros (estaleiros, cordelerías, carpintería, montaxes e maquinaria)
- Actividades auxiliares e de apoio, como transportes, cetros de investigación, formación e control do medio mariño, etc)
Á
importancia económica do sector do mar únese ao valor social que
adquire nos municipios costeiros, xa que ten a capacidade de irradiar
beneficios socioeconómicos e amplas capas da poboación, o que
converte nun mecanismo de distribución e reparto de riquezas no
entoron local que inentiva a implantación de actividades e pequenos
negocios.
Asemade,
ten unha enorme contribción cualitativa, dende o punto de vista
etnográfico e gastronómico, a un dos sectores que actualmente
presenta un maior desenvolvemento económico: o turismo.
Así
pois, a fortaleza do sector do mar de Galicia está tamén na paisaxe
que as actividades do mar deseñan nas rías: As bateas, as
embarcacións de pesca e o mariqueo tanto a flote, como a pe nas
praias. Ninguén dubida de que todos os negocios grandes e pquenos
relacionados á actividade turística, directa ou indirectamente,
deben boa parte da súa actividade económica ao sector do mar de
Galicia.
O
pasado 1 de outubro, o Consello da Xunta iniciou a tramitación do
Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia, sen
un diálogo previo cos sectores productivos do mar.
Saíu a exposición pública no DOG do 19 de outubro, por prazo dun
mes e, posteriormente, ese prazo ampliouse ata o 15 de decembro do
2015 polas protestas orixinadas.
Primeiro
foi elaborada a ESGA (Estratexia Galega de Acuicultura) que, segundo
propia definición é un documento de estratexia e orientación
política. Agora este Anteproxecto de Lei de Acuicultura incorpóraa
e dalle rango normativo de obrigado cumprimento.
Entre
outros elementos o Anteproxecto de Lei de Acuicultura contempla:
- O Plan de Ordenación de Acuicultura Litoral en Terra, que establece:
- Que os propietarios de terras que se neguen a vender serán expropiados a favor das empresas de acuicultura intensia,
- O privilexio de eliminar a necesidade de informe previo de incidencia ambiental e a posibilidade de instalar plantas acuícolas en espazos naturais protexidos
- A imposibiliade de que os Concellos poidan decidir sobre a implantación de ditas industrias por ser consideradas de incidencia supramunicipal
- O plan de Ordenación de Cultivos Mariños, que establecerá para cada zona das Rías as especies a cultivar e o tipo de batea ou gaiola a utilizar.
De
aprobarse como Lei, consolida un trámite lexislativo fraudulento e
un engano á cidadanía, aos administrados, e tería como principais
perxudicados á toda a xente do mar.
Ás
autorizacións de marisqueo que pasen a ser acuicultura
outorgaránselle unha concesión temporal e –como o resto das
concesións- quedan obrigados a producir uns rendementos mínimos,
haberán de pagar os canons por superficie ocupada (con risco de
viabilidade económica das confradías) e Terán que pasar as
embarcacións á 4º lista perdendo os permex de outras actividades,
unha vía máis para a extinción da pesca tradicional e o marisqueo
a pé ou a flote.
Todas
as concesións, ao remate ou de non cumprimern os rendementos
mínimos, sairán novamente a concurso público e serán concedidas
con discriminación que favorece aos máis fortes,xa que obriga a
competir á xente do mar contra multinacionais en criterios como
maior solvencia económica, financieira e técnica. Privatizarán
o mar a favor das grandes empresas multinacionais.
A
lei está deseñada para implantar a peixecultura intensiva e escala
industrial e vai autorizar todo tipo de especies a cultivar, icluso
foráneas ou exóticas, que poderían acabar sendo invasoras do medio
natural.
Para a
implantación da peixecultura intensiva, a Lei impulsa a Acuicultura
Multitrófica Integrada-AMTI, técnica de cultivo que consiste nun
monocultivo de peixe carnívoro (salmón, etc) que utiliza especies
extractoras (moluscos). Esta técnica busca reducir os niveis de
contaminación xerados polas gaiolas de peixes co obxetivo de
mellorar a súa imaxe pública na procura de aceptación pola
sociedade e así, favorecer a súa implantación e a ocupación das
augas das Rías.
Para
garantir a implantación dos obxetivos da Lei establécese un réxime
sancionador represivo e desproporcionado.
A
aprobación da Lei e a implantación a escala industrial de gaiolas
de peixes vai provocar diversos efectos negativos sobre o medio
ambiente:
- Para producir 1 Kg de peixe precisaranse entre 4 e 6 kg de peixe salvaxe, o que vai suponer a depreciación das pesqueiras.
- A contaminación das Rías está asegurada: refugallos de peixes, de pensos, fármacos (antibióticos, vacinas, etc), productos químicos, propagación de enfermedades e parásitos, etc. Contaminaranse as augas, afectarase á calidade e cantidade dos nosos recursos e deteriorarase a biodiversidade do medio mariño onde todos traballamos, que é patrimonio de todos os galegos/as.
- A contaminación de peixes e mariscos podería levar aparellada vedas “técnicas” ou a prohibición de actividades de pesca e marisqueo por razón sanitarias.
- Asemade, a degredación do medio podería ter impacto directamente relacionado coas toxinas PSP, ASP e DSP.
O
anteproxectofoi elaborado de costas á realidade e aos intereses das
persoas que viven do Mar de Galicia. Ningún sector do mar está
conforme coa Lei porque entende que está deseñada para desmantelar
os sectores productivos primarios e empobrecerá as comarcas
costeiras.
Ante o
retroceso productivo das Rías, o que precisan os sectores primarios
son verdadeiras políticas estructurais que garantan:
- A calidade das augas do medio mariño.
- O afortalamento do tecido productivo e o potenciamento das actividades primarias incentivando a cooperación con liñas de apoio ao desenvolvemento colectivo.
- A recuperación da confianza das consumidores e o fomento da demanda, e polo tanto da oferta de productos do mar de Galicia, sans e naturais.
- O incremento do valor engadindo dos nosos productos, para que a riqueza quede aquí.
Por
todo elo, os distintos sectores do Mar de Galicia solicitaron á
consellería do Mar a retirada do anteproxecto de Lei de Acuicultura
de Galicia; polo tanto, solicitamos ó Pleno da Corporación a
adopción do seguinte.
ACORDO:
- Instar á Consellería de Medio Rural e do Mar, a retirada do anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia, e ao Consello da Xunta de Galicia para que rexeite dito Anteproxecto de Lei.
- Remitir o texto do acordo acadado polo Pleno Municipal á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) en Avda. Dr. Tourón nº 44 – Entrechán, C.P: 36600, Vilagarcía de Arousa. E-mail: pdrarousa@gmail.com
En
Meaño, 1 de febreiro do 2016
Asdo: Icía García
Fernández
Voceira do
PSdeG-PSOE
No hay comentarios:
Publicar un comentario