NOTA DE PRENSA
UNHA MOCIÓN DO PARTIDO SOCIALISTA UNE A TODO O EQUIPO DE GOBERNO PARA CONSEGUIR O RECHAZO UNÁNIME DO ANTEPROXECTO DE LEI DE ACUICULTURA.
O luns 1 de febreiro, a Agrupación Socialista de Meaño presentou unha moción instando á retirada do anteproxecto de Lei de Acuicultura (nº de entrada: 403). Despois dunha reunión cos demais grupos políticos, acordouse presentar no Pleno da Corporación meañesa una moción conxunta.
No pleno de onte estiveron presentes representantes do sector do mar, quenes aplaudiron este acordo. Os concelleiros, ademais, asinaron un manifesto dirixido ao presidente da Xunta de Galicia, onde se fala dos motivos polos que o sector do Mar rexeita esta norma.
Ademais desta moción, a Agrupación Socialista de Meaño tamén solicitou ao Pleno a elaboración dun informe para coñecer a situación da estrutura da ponte de Ganón, na parroquia de Xil, e un estudio para coñecer o impacto turístico-económico da humanización da área recreativa de Cobas (con barandas, bancos, papeleiras, parques infantil, …) situada no contorno da Pousada.
Aínda que a Agrupación Socialista de Meaño presentou estas dúas peticións como mocións, a Alcaldía considerou que se trataban de rogos. Para a portavoz socialista Icía García, “trátanse de mocións, dado que non se solicitaba actuacións por parte da alcaldía, pero esta non soubo xustificar de maneira axeitada a súa decisión de non aceptalas como tales. Isto responde a un proceder autoritario, que o único que pretende é bloquear as votacións e evitar posicionarse diante dos veciños”.
Por outra banda, grazas á petición socialista do pasado decembro, limpouse unha finca privada que se atopaba en estado de abandono e con maleza, a cal se estaba a convertirse nun problema de salubridade, nas inmediacións do colexio de Dena.
Queremos facer máis por ti e por todos.
Sandra Martínez Muñiz
Responsable de Prensa
Tlfno. 686 815132
psoe.meano@gmail.com
facebook.com/psoe.meano
meanoacotio@blogspot.com.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario