Onte enviamos esta nota de prensa, explicando as mocións que rexistramos no concello, para ser tratadas no Pleno da Corporación do mes de febreiro.
Meaño, a 2 de febreiro de 2016
NOTA DE PRENSA
A
RETIRADA DA LEI DE ACUICULTURA ESTARÁ PRESENTE NO PLENO DE MEAÑO DA
MAN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
A
Agrupación Socialista de Meaño presentouna este luns como moción.
Faino despois de pedir a limpeza e a depuración da Ría de Arousa no
Pleno municipal do mes de outubro. Tamén presenta outras dúas
propostas para debatir no pleno.
O
PSOE de Meaño presenta como moción a retirada do anteproxecto da
Lei de Acuicultura porque, según a súa voceira Icía García “a
Ría e a calidade da auga, sempre nos preocupou porque repercute na
saúde de tódolos nosos vecinos, e ademais, moitos deles viven do
mar directa ou indirectamente e queremos apoialos”. Agrupación
Socialista de Meaño manifesta o seu total rechazo ao anteproxecto de
Lei de Acuicultura, pedindo a súa retirada e, ao mesmo tempo con
esta iniciativa mostra o seu apoio ao sector do mar.
Ademais
desta proposta, tamén solicitan a elaboración dun informe para
coñecer a situación da estrutura da ponte de Ganón, na parroquia
de Xil, trasladando así a súa preocupación ao Pleno Municipal do
mal estado da infraestrutura; e un estudio para coñecer o impacto
turístico-económico da humanización da área recreativa de Cobas
(con barandas, bancos, papeleiras, parques infantil, …) situada no
contorno da Pousada. Ámbalas tres mocións entregáronse no
Rexistro do Concello o luns día 01 de febreiro.
Agrupación
Socialista de Meaño
Queremos
facer máis por ti e por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario