08 octubre 2015

Turismo municipal.


PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN



Dona Icía García Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

Que de conformidade co artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o desenvolvemento das súas funcións.

Que o asinante precisa da seguinte documentación:

Tras rematar o vran, o índice de número de turistas na Comarca do Salnés aumentou significativamente respecto do ano anterior. Publicaronse datos sobre Vilanova, Cambados, O Grove e Sanxenxo, pero non de Meaño.

Por todo o anteriormente exposto, SOLICITO:

  • Solicito ao/á responsable de Turismo do Concello de Meaño ou no seu caso, á alcaldía de Meaño informe sobre índice de turistas no Concello de Meaño, en donde se especifiquen número de visitantes ao punto de información turística, museo e outros aspectos dos que se teña constancia.



En Meaño, a 5 de outubro de 2015




Asdo. Icía García Fernández
Voceira do Grupo Municipal Socialista

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario