PETICIÓN DE
DOCUMENTACIÓN
Dona Icía García
Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal
Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito
proceda DI:
Que de conformidade co
artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración
Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación
Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión
de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en
poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o
desenvolvemento das súas funcións.
Que o asinante precisa da
seguinte documentación:
Dende fai varias
lexislaturas utilízase un complemento salarial chamado “Complemento
de productividade”
Por todo o anteriormente
exposto, SOLICITO:
Solicito da Alcaldía do
Concello de Meaño explicación escrita do método de adxudicación
do complemento de productividade e qué criterios se utilizan para
entregarllo a un empregado ou a outro, así como informe dos
beneficiarios deste complemento da pasada lexislatura.
En Meaño, a 5 de outubro de
2015
Asdo. Icía García
Fernández
Voceira do Grupo Municipal
Socialista
No hay comentarios:
Publicar un comentario