08 octubre 2015

Augas residuais.


PETICIÓN DE DOCUMENTACIÓN



Dona Icía García Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito proceda DI:

Que de conformidade co artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o desenvolvemento das súas funcións.

Que o asinante precisa da seguinte documentación:

Según datos da Sra. Lourdes Ucha, alcaldesa de Meaño, nas pasadas lexislaturas elaboráronse uns informes relacionados coa depuradora de Dena e o Polígono Industrial de Nantes.

Por todo o anteriormente exposto, SOLICITO:

  • Solicito da Secretaría de Intervención do Concello de Meaño informes relacionados coa depuración do Polígono Industrial de Nantes.



En Meaño, a 5 de outubro de 2015





Asdo. Icía García Fernández
Voceira do Grupo Municipal Socialista


SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario