08 octubre 2015

Curso para os pequenos comerciantes.


 A Consellería de Economía e Industria e a Unión Europea, co seu Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), financian un curso dirixido ao pequeno comercio, organizado polo Concello de Meaño.

O curso realizarase o martes 13 de outubro, de 16:30 a 22:30 horas, no Centro Social de Dena e será impartido por Kaeme Consultoría y Prevención.

Tamén será esta empresa quen xestione as inscricións.

Se estades interesados en realizar o curso, teredes que anotarvos antes das 11 da mañá do martes 13 de outubro. 
Para isto, tedes a vosa disposición os teléfonos do Departamento de Formación de Kaeme Consultoría: 986507417 / 672632402; e o seu correo electrónico: kaeme@kaemeconsultoria.es.

No hay comentarios:

Publicar un comentario