14 octubre 2015

MOCIÓN PANEL INFORMATIVO DE MERCADENA



O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN

A Plaza de Abastos de Dena, tamén chamada Mercadena, dispón de un amplo número de comercios no seu interior, entre os que destacan floristerías, carnicería e peixería; pero, ademáis, contén negocios como herbolario, zapatería ou froitería.

Sen embargo, no exterior de Mercadena, non existe ningún tipo de información sobre os comercios que ésta instalación alberga.


Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte.



ACORDO:

  1. Instalar un cartel ou placa informativa na porta da Plaza de Abastos, MERCADENA, indicando os locais que están dentro.

En Meaño, 5 de outubro de 2015






Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE




SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario