Por unha cuestión persoal da Alcaldesa, no pleno do 13 de outubro de 2015, non se formularon rogos e preguntas.
O noso grupo tomou a decisión de NON preguntar ao Tenentealcalde NIN formular as preguntas por escrito, dado que en ocasións anteriores, cando se optou por esta opción, as preguntas quedaron sen resposta.
Así pois, neste Pleno Extraordinario, realizáronse as seguintes preguntas:
- Por que as actividades extraescolares ofertadas polo Concello de Meaño son máis caras que as ofertadas por outras asociacións tales como ANPAS ou Mulleres Rurais?
A resposta dada foi que o precio destas actividades está estipulado desde fai catro anos e que descoñecen por que son máis baratas as actividades realizadas por outras asociacións.
Ante esta resposta, o noso grupo solicitou á Alcaldía un informe sobre este aspecto.
- Pasados 100 días de goberno, podería dicirnos cales son as funcións da asesora da Alcaldía?
Ten poder de mando sobre os empregados municipais?
Pasaranse as funcións da asesora por escrito.
Non ten poder de mando sobre os empregados municipais.
- As merendas saudables que os Servizos Sociais daba aos menores cada semana, van levarse a cabo este ano ou non? Porque xa estamos a finais de outubro e non se sabe nada.
No caso de que a resposta sexa non, por que?
A súa resposta foi: comezaron a semana pasada.
- Onde se gardan os productos que precisan frío para a súa conservación? E os conxelados?
Nunha pequena neveira que hai abaixo, que si é moi pequena. Pero, soense repartir en canto chegan. Chámase ás familias, para que veñan a buscalos.
- O camión elevador está estragado, que pasou? Pensaron en alugar un camión elevador ou en pedilo prestado?
Estropeouse o motor, pero probablemente o martes ou o mércores estará arranxado.
Pedíronse presupostos.
- No Pleno pasado aprobouse unha moción do noso grupo na que se requería a colocación de máis pasos de peóns en varias parroquias (PINCHAR PARA LER A MOCIÓN), enviouse a petición? Se a resposta é afirmativa, queremos un informe por escrito.
A resposta foi que se enviaron dous escritos, un para a Deputación de Pontevedra e outro para a Xunta de Galicia, titulares das estradas en cuestión.
- Tamén se aprobou a moción sobre a liña de transporte regular (PINCHAR PARA LER A MOCIÓN), realizouse o requerimento? Se a resposta é afirmativa, queremos un informe por escrito.
A Alcaldía respostou que xa se realizou o requerimento.
- Púxose en contacto coa Asociación de Veciños de Simes, para retirar o parque en mal estado que existe ao lado da Casa da Cultura, tal e como dixo que faría no Pleno pasado? PINCHAR PARA LER
Respostou que non se reuniu con eles, pero que quere falar con máis veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario