O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a
seguinte:
MOCIÓN
O
pasado 22 de setembro informábase nun periódico de ámbito comarcal
sobre a clausura do “Fam-Trip” organizado pola Mancomunidade do
Salnés que consistía na visita de catro días de cinco
turoperadores procedentes de México, Alemania, Israel e Canadá.
Esta
visita basábase en mostrar as potencialidades turísticas dos
concellos do Salnés. Coñeceron bodegas, a ría, rutas de
senderismo, muiños, instalación deportivas e de ocio e demáis
atractivos, tanto para o turismo de ocio como para o de negocios.
Dita
clausura acolleuse na Quinta de San Amaro en Meaño, donde coincidían
empresarios, concelleiros de turismo de todos os concellos, menos de
Meaño, que asisteu a propia alcaldesa.
Ante
este actividade promovida pola Mancomunidade, e que o noso partido
apoia, xurdeunos unha pregunta: “Qué se lle mostrou de Meaño aos
turoperadores?”
Tendo
en conta que a páxina web do noso Concello segue sendo moi escueta
en canto a turismo se refire, así como o pouco coidado dos actuais
atractivos turísticos, como se mostrara nas imaxes que a
continuación se adxuntan, entendemos que a imaxe que recibiron de
Meaño os representantes dos turoperadores non foi a adecuada.
Todos
as estadísticas revelan que o número de turistas que visitan o
Salnés vai aumentando ano tras ano e así o avalan os profesionais
do sector, como os datos estadísticos que se manexan en moitos
concellos e na Deputación de Pontevedra. En cambio, a esta alcaldía
parece non importarlle estos datos.
Dende
a pasada lexislatura, o noso partido leva denunciando o estado de
abandono que esta alcaldía somete ao noso concello. No Partido
Socialista creemos necesario apostar polo turismo, incentivar os
recursos naturais dos que dispoñemos e manter e mellorar os
atractivos turísticos que xa temos. Por ese motivo, queremos
incentivar e promover o turismo activo, tan en auxe nestes tempos.
Por todo elo, solicitamos
á Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO:
- A creación dun plan turístico para o Concello de Meaño donde se promocione o turismo activo.
Este
plan turístico comporase dunhas medidas para impulsar a
competitividade do comercio local e dos recursos de Meaño para poder
contribuir á xeración de riquieza, emprego e benestar dos nosos
veciños.
Debe
concibirse como resposta ás necesidades do sector turístico,
destacando estos aspectos fundamentais:
- Colaboración público – privada
- Liderazgo do Cocello para alinear o comercio local e os recursos nun proxecto común
- Establecemento dun marco ou estructura que estimule a mellora da competitividade das empresas locais
- A inclusión dun representante deste partido para axudar na creación do plan turístico.
En
Meaño, a 5 de outubro de 2015
Asdo: Icía García
Fernández
Voceira do
PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA
DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario