02 octubre 2015

Actividades para o tempo libre.


Hoxe comezou o prazo para anotarse nas actividades que organiza o Concello de Meaño.

Tedes ata o día 10 de outubro para solicitalas, pero se quedan prazas, recolleranse solicitudes fóra de prazo.

10 é tamén o número mínimo de persoas para formar grupo e realizar a actividade.

Se tedes entre 14 e 35 anos (xóvenes), podedes participar nas clases de tenis, inglés e zumba.

Para os que tedes entre 35 e 60 anos (adultos), as actividades previstas son tenis, informática, aerobic, ioga-pilates e obradoiros artísticos: manualidades.

Finalmente, os maiores de 60 anos poderán solicitar ximnasia de mantemento, piscina, memoria e alfabetización de adultos, obradoiros alternativos, ioga-pilates, ximnasia terapéutica e informática.

O custo de cada actividade é de 25 euros ao mes, aínda que existen diferentes descontos, que se poderán aplicar.

Se queredes saber onde se van realizar estas actividades, que días e a que horas ou que descontos son de aplicación, só pinchade aquí.

Animádevos a participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario