14 octubre 2015

MOCIÓN TRANSPORTE ASISTENCIAL.




O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN

O 11 de decembro de 2007 este Concello estableceu un Regulamento de funcionamento e organización do servizo do transporte asistencial do Concello de Meaño, co obxetivo de de facilitar o esprazamento dentro do municipio de Meaño das persoas con discapacidade ou dependentes de outras e das persoas maiores que cumprisen uns requisitos que na mesma ordenanza se detallan.

Ademáis, especifícase que o servizo principal é o desprazamento a:
  • Acudir ao Centro médico
  • Acudir a centros sociais do Concello
  • Asistir ás actividades promovidas polo Concello
  • Realizar as actividades básicas relacionadas coa vida diaria autónoma: compras, xestións en entidades públicas ou privadas, etc.

Nesa mesma data estableceuse unha Ordenanza fiscal para a prestación do servizo de Transporte asistencial, na que se definía unha tarifa de 2€ ida e volta para asitir ás actividades que promovese o Concello e unha tarifa de 4€ ida e volta, nos restates desprazamentos.

En cambio, o 10 de outubro do 2011, modificouse a tarifa deste servizo, cos votos en contra do Partido Socialista, subindo a tarifa 1€ en cada desprazamento.

Xa daquela estábamos en contra da subida tarifaria, e a día de hoxe, seguimos manifestando o noso descotento e abogando á mala situación económica na que vivimos. Ademáis, todos somos conscientes que coas baixas pensións de moitos usuarios se manteñen familias, polo que o seu poder adquisitivo agrábase sustancialmente.

Este servizo púxose en marcha para darlle cobertura aos problemas de movilidade dos nosos maiores, e por todos é sabido, que os usuarios deste servizo utilízano primordialmente para acudir ao centro médico varios días á semana. Ademáis, en moitos casos o vehículo adaptado non chega á porta das casas dos usuarios, senon que os usuarios teñen que ser levados polos seus familiares, ou a veces solos, ata un punto de recollida.


Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte.



ACORDO:

  1. Instaurar a gratuidade do servizo nos desprazamentos ao Centro Médico.

Ou

  1. Reducir as tarifas de acordo coa grave situación económica dos nosos pensionistas



En Meaño, 5 de outubro de 2015









Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE
















SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario