PETICIÓN
DE DOCUMENTACIÓN
Dona Icía García
Fernández, na súa condición de Voceira do Grupo Municipal
Socialista no Concello de Meaño comparece e como mellor en Dereito
proceda DI:
Que de conformidade co
artigo 226 da vixente Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración
Local de Galicia, os Grupos políticos que compoñen a Corporación
Municipal teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Comisión
de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións consten en
poder dos servicios da Corporación Municipal e lles cumpran para o
desenvolvemento das súas funcións.
Que o asinante precisa da
seguinte documentación:
No noso concello existe un
servizo de 72 horas para que os veciños deixen constancia dos
problemas de suministro e averías leves como puntos de luz que non
funcionan, atascos na rede de saneamento ou averías no suministro de
auga, entre outras.
Tratarase de subsanar
dentro do prazo de 72 horas.
Por todo o anteriormente
exposto, SOLICITO:
Solicito da Alcaldía do
Concello de Meaño informe sobre o índice de peticións anuais deste
servizo, así como informe dos métodos publicitarios deste servizo.
En Meaño, a 15 de outubro
de 2015
Asdo. Icía García
Fernández
Voceira do Grupo Municipal
Socialista
No hay comentarios:
Publicar un comentario