O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a
seguinte:
MOCIÓN
Dende fai varios anos, o estado da Ría de Arousa suspitou moitas
dúbidas en canto ao seu estado, pero estas dúbidas foron despexadas
ante a presentación dun estudio pubicado Microchemical Journal
elaborado por investigadores da Universidade de Vigo e do Instituto
de Investigacións Marinas do CSIC, en donde se informaba que na nosa
ría existe unha contaminación severa por cobre cerca das
desembocaduras dos ríos Ulla e Umia e no porto de Vilagarcía.
Ademáis, detectouse contaminación grave por arsénico frente o
municipio de Cambados e unha contaminación moi severa por plomo no
marxen sur da ría, en donde se atopa o noso Concello.
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) faise eco desta noticia
e suxere que, ao tratarse dunha zona vitivinícola, o orixe desta
contamianción podría estar nos tratamentos fungicidas e outros
plagicidas dos viñedos, ainda que a contamianción de plomo é máis
difícil de explicar, ésta podría derivar da queima de combustibles
fósiles.
Ademáis das posibles repercusións nas explotacións pesqueiras e
marisqueiras, e por conseguinte, da nosa saúde ao
alimentarnos destes productos, a contamianción por cobre, arsénico
e plomo afecta de maneira determinante a 28 especies que invernan na
nosa ría.
Pola súa parte, ainda que a Consellería de Medio Rural e Mar
destaca que os productos do mar chegan ao consumidor polas vías
legalmente establecidas e que conta con garantías
higiénico-sanitarias para o seu consumo, é innegable que a elevada
presencia de materiales pesados na ría de Arousa é a causante de
moitas afeccións sanitarias dos nosos veciños.
Un exemplo desta contaminación témola no noso municipio, posto que
a desembocadura do río da Chanca, nos Pasales, está dende fai anos
nun estado pésimo, tal e como se pode apreciar nas imaxes que se
adxuntan.
Ademáis dos sedimentos que se atopan na auga, ésta desprende un
olor moi desagradable.
Por
todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do
seguinte.
ACORDO:
- Instar á Consellería de Medio Rural e do Mar, apoiándonos no Grupo de Acción Costeira ao que pertencemos dende fai dous meses, que proceda á tan necesaria limpeza e depuración da Ría de Arousa.
En
Meaño, 5 de outubro do 2015
Asdo: Icía García
Fernández
Voceira do
PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA
DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario