No Pleno da Corporación do 13 de outubro de 2015, debatíronse 4 mocións, todas elas presentadas polo noso partido.
1. Na primeira delas, pedíase un panel informativo diante de
"MERCADENA", publicitando os comercios que se atopan situados dentro da praza, para que, tanto os habitantes do concello coma os visitantes, poidan facer uso dos seus servizos, favorecendo o comercio local e atendendo mellor aos turistas.
Algúns argumentos contrarios á moción, por parte doutros partidos foron:
- Os comercios están ben sinalizados e non é necesario ningún directorio.
- NÓS DICIMOS: Cada comerciante ten a súa publicidade DENTRO de Mercadena, pero en ningunha outra parte, polo que os vehículos, con potenciais usuarios, que circulen pola estrada PO-550, que une O Grove con Vilagarcía, pasarán de longo.
- Todos os veciños saben que hai dentro de Mercadena, porque eses negocios levan aí MOITOS anos.
- NÓS DICIMOS: Se os Concelleiros doutros partidos mercasen no seu pobo, saberían que hai negocios abertos hai un ano, por exemplo.
A MOCIÓN FOI REXEITADA.
2. A segunda moción tratada foi para pedir a gratuidade ou, no seu defecto, a rebaixa da tarifa do transporte asistencial.
Podedes ler
AQUÍ a moción completa.
- NÓS DICIMOS: Cando existe superavit, este debe empregarse para mellorar a vida dos veciños; debe usarse para axudar a quen máis o necesita, sobre todo cando un servizo está supeditado a obter un informe favorable dos Servizos Sociais, como é o caso.
Os votos do noso grupo non foron suficientes, polo que
A MOCIÓN FOI REXEITADA.
A MOCIÓN FOI APROBADA.
Ademais, tamén se votou unha enmenda para trasladar a moción ao conxunto dos Concellos da Comarca do Salnés: FOI APROBADA.
4. Na última das mocións, pedíase a elaboración dun
Plan Turístico por parte do Concello de Meaño, para fomentar o turismo.
Algúns argumentos contrarios á moción, por parte doutros partidos foron:
- Aquí hai pouca actividade turística.
- NÓS DICIMOS: Meaño conta con hoteis, apartahoteis, casas rurais, vivendas vacacionais, restaurantes, bares...en gran número, así coma miradores, rutas BTT, de sendeirismo, igrexas de estilo románico, adegas artesanas, viñedos...
Será que desde a Alcaldía non se apoia o suficiente a este sector?
A MOCIÓN FOI REXEITADA.
Votouse, ademais, unha enmenda a esta moción, que consistía en trasladar esta petición á Mancomunidade do Salnés, para que fose ela quen elaborase o Plan Turístico de Meaño.
- NÓS DICIMOS: Unha institución comarcal nunca vai defender os intereses do noso concello, mellor do que o faríamos os propios interesados.
Quen vai traballar máis por conseguir mellorar as cifras turísticas de Meaño?
Quen coñece mellor as potencialidades de Meaño?
Meaño ou a Mancomunidade, que ten que defender os intereses de O Grove, Sanxenxo, Cambados ou Vilagarcía?
Neste caso, decidimos ABSTERNOS porque Meaño necesita urxentemente un Plan Turístico, pero non estamos de acordo con que sexan outros quen nolo faga. A MOCIÓN FOI APROBADA.