29 abril 2016

Bono Concilia para nenos de 0 a 3 anos.



A Consellería de Política Social acaba de convocar unhas axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención de nenos de 0 a 3 anos nas escolas infantís NON sostidas con fondos públicos.

Trátase dunha cantidade mensual, para contribuir ao pago da escola infantil, durante un máximo de 11 meses.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, a partir de mañá.

Poderán benficiarse desta axuda, as persoas que:

- Teñan un fillo nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2013.

- Se atopen en calquera das seguintes situacións:
1. Exercendo a opción do Programa Bono Concilia, solicitar praza en escolas sostidas con fondos públicos para o próximo curso e non conseguila.
2. Exercendo a opción do Programa Bono Concilia, solicitar praza en escolas sostidas con fondos públicos para o próximo curso e, tendo dereito a unha praza por puntuación, non coincidir o horario demandado co de apertura da escola, polo traballo dos pais.
3. Conseguir unha praza nas escolas sostidas con fondos públicos para o próximo curso, pero que cambien as condicións nas que foi concedida.
4. Desfrutar do Programa Cheque Infantil no curso 2015-16 e solicitar o Bono Concilia para o mesmo neno, para o curso 2016-17.
5. Residir en concellos, nos que non existan escolas infantís sostidas con fondos públicos.

- Non dispoñer doutras axudas, cunha finalidade semellante, outorgadas por outros organismos, instituciones públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o coste da praza.

- Escolarizar ao neno nunha escola infantil de 0-3 non sostida con fondos públicos, que conte coa autorización pertinente, segundo o establecido no Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia (DOG de 20 de xaneiro de 2012).

No hay comentarios:

Publicar un comentario