Meaño, a 6 de abril de 2016
NOTA DE PRENSA
A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE MEAÑO
DENUNCIA AS ESCASAS MEDIDAS DE SEGURIDADE DO CENTRO SOCIAL
POLIVALENTE DE AS COVAS.
O PSOE de Meaño presentou este luns,
como moción, a subsanación das deficiencias que en medida de
seguridade presenta o Centro Social Polivalente de As Cobas.
Deficiencias tales como que a saída de emerxencia non está
habilitada para persoas que teñan problemas de mobilidade, habendo
un escalón, e ademais ao carón de esta saída atopase un estanque
que non ten ningún tipo de protección ao seu arredor.
Xa dende a lexislatura pasada, veñen
poñendo de manifesto estes problemas de seguridade do Centro Social
Polivalente de As Covas, cando mediante petición socialista se
colocou a barandilla na rampa de acceso.
Ademais desta proposta, tamén
solicitan como moción que a Corporación Municipal inste á
Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para dotar de maneira
urxente dunha ambulancia medicalizada á Comarca do Salnés. Un
servizo do que carece a comarca pese aos datos positivos dos estudios
realizados pola Organización Mundial da Saúde.
E por último, presentaron a
solicitude de apertura dunha biblioteca municipal na localidade de
Dena, coas instalacións adecuadas, para darlle cabida a tódolos
públicos; ademais solicitan dotar dos medios e servizos necesarios
á biblioteca municipal de Meaño, que non cubren as demandas de
espacio de lectura para los vecinos do municipio.
Agrupación Socialista de Meaño
Queremos
facer máis por ti e por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario