Meaño,
a 13 de abril de 2016
NOTA
DE PRENSA
REXEITASE
UNHA MOCIÓN SOCIALISTA IDENTICA Á PRESENTADA POLO PP NOUTRO
CONCELLO DA PROVINCIA.
A
agrupación Socialista de Meaño, liderada por Icía García,
empregou a mesma moción “pola importancia para os veciños” e,
ao mesmo tempo, “comprobar como o Grupo de Goberno toma decisión
de maneira arbitraria”.
O
Grupo de Goberno do Concello de Meaño trata como rogo una petición
que a Agrupación Socialista presentou como moción por rexistro.
Esta moción rexeitada é idéntica á presentada o mes pasado nun
municipio da provincia por uns compañeiros de partido da rexedora
meañesa.
Aínda
que a Agrupación Socialista de Meaño no pleno anterior pediu que
Alcaldía lles enviara exemplos do que entendían que era unha
moción, a resposta do Grupo de Goberno foi o silencio.
Para
a portavoz socialista Icia García, “as mocións que presentamos
adecúanse á lei, polo que queremos que sexan tratadas como mocións
e non como rogos. Faremos todo o posible para que sexa así.” Tamén
manifestou que xa que a rexedora optou por facer unha lectura sesgada
da lexislación vixente, obrigounos a utilizar tódalas ferramentas
que a lei lles otorga, incluído acudir á Valedora do Pobo.
A
Agrupación Socialista de Meaño solicitou a convocatoria da Comisión
de Cultura pola imprecisión da ordenanza reguladora do prezo público
pola prestación de actividades lúdicas, recreativas, culturais e
formativas. En dita ordenanza non se especifica qué actividades se
van a regular nin descontos se poden aplicar, polo que solicitan que
se realice cun consenso unánime e co respaldo do Pleno municipal.
Neste
pleno, a única petición socialista que o Grupo de Goberno
considerou como moción foi a solicitude para dotar dunha ambulancia
medicalizada permanente á Comarca do Salnés. Moción que se aprobou
por unanimidade dos membros do Goberno local.
Agrupación
Socialista de Meaño
Queremos
facer máis por ti e por todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario