11 abril 2016

Moción sobre a biblioteca.


O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO


O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN:


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


A lei 5/2012 de xuño de bibliotecas de Galicia di literalmente na exposición de moticos que:
As bibliotecas constitúen servizos culturais e informativos da máxima relevancia para unha sociedade avanzada. A través delas posibilítase o cumprimento de importantes manatos constitucionais, como son o acceso de todos e todas á cultura, á participación da cidadanía na vida cultural e a conservación e promoción do patrimonio cultural do pobo galego de acordó co artigo 46 da Constitución, do que o patrimonio bibliográfico forma parte”.
(Artigo 46 da Constitución Española: Los poderes públicos garantizarán la conservación y promoverán el enriquecimiento del patrimonio histórico, cultural y artístico de los pueblos de España y de los bienes que lo integran, cualquiera que sea su régimen jurídico y su titularidad. La ley penal sancionará los atentados contra este patrimonio.)
O concepto de biblioteca fai referencia obligada a UNESCO, que xoga un papel moi importante na promoción e desenvolvemento das bibliotecas.
No seu Manifesto sobre as bibliotecas públicas proclama que son unha forza viva para a educación, un instrumento para a expansión da cultura, a información e a democracia, e tamén como axente esencial de fomento da paz e os valores espirituais na mente do ser humano.
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, di que os municipios de máis de 2000 habitantes están obligados a ter biblioteca municipal. Meaño conta cunha biblioteca municipal pero que carece dos servizos necesarios para darlle cobertura a tódolos públicos: nenos, xóvenes e adultos, así como cunhas instalación adecuadas.
Por tanto, elevamos ao Pleno para o seu debate e aprobación a seguinte:
PROPOSTA DE ACORDO:


  1. Instar á Xunta de Goberno Local á apertura dunha biblioteca municipal na localidade de Dena, coas instalación adecuadas, para darlle cabida a tódolos públicos
  2. Instar á Xunta de Goberno Local a dotar, na medida do posible, dos medios e servizos bibliotecarios a biblioteca municipal de Meaño.
En Meaño, 4 de abril do 201
Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario