No Pleno da Corporación, celebrado o día 11 de abril, tratáronse diversos aspectos, dos que imos dar conta a continuación:
1. Aprobación, se procede, da acta anterior.
Neste punto, tivemos que recordarlle á Secretaria-Interventora, por unha parte, varios comentarios, dos que soamente se recolleu unha pequena parte, nos que se evitou mencionar, por exemplo:
- que a Agrupación Socialista de Meaño foi a primeira en presentar unha moción contra o Anteproxecto da Lei de Acuicultura;
- ou que a Alcaldía non publicitou a súa axuda aos veciños que precisasen presentar reclamacións á compañía eléctrica, polo apagón de primeiro de ano.
Por outra parte, fixémoslle notar que non pode complementar as respostas dadas polo grupo de goberno, como sucedeu en varias respostas dadas pola Alcaldía: en lugar de recollelas literalmente ou resumilas, elaborou unha nova resposta, incluindo lexislación e frases máis correctas.
2. Deuse conta da liquidación do presuposto 2015.
Non se vota nin se debate, soamente se informa.
3. Ratificación do marco presupuestario para o 2016-2019.
A nosa agrupación afirmou, neste punto, que esta previsión presupuestaria se basa en datos irreais, sen ter en conta gastos que xa son previsibles agora mesmo.
Novamente, os presupostos deste equipo de goberno son unha pantalla que, despois, non se corresponde coa realidade.
Por todo isto, os nosos concelleiros tiveron que votar ABSTENCIÓN.
4. Expediente de modificación de crédito.
Soamente pasaron 4 meses desde a aprobación do presuposto municipal e o equipo de goberno xa está a facer modificacións de crédito.
Entenderíase unha modificación para arranxar o Pavillón de Xil, despois dos danos sufridos polo temporal, pero non se entende para a mellora da ruta dos muíños, que xa se sabía que precisaba unha inversión; nin para o mantemento dos camiños rurais, que precisan acondicionamento todos os anos; nin para a Ponte de Axís, que xa se sabía que se atopaba en mal estado.
O grupo de goberno, ano tras ano, deixa partidas sen presuposto e asigna cantidades insuficientes a outras, o que demostra falta de previsión.
A nosa agrupación entende que hai obras imprevisibles, coma o Pavillón de Xil, pero que o partido do goberno non está administrando ben os recursos, polo que se veu obrigado a ABSTERSE.
5. Establecemento e Ordenanaza reguladora do prezo público pola prestación de actividades lúdicas, recreativas, culturais e formativa.
A Ordenanza que se presentou para a votación, non contén a descrición de todas as actividade ás que vai afectar.
Ademais, soamente inclúe un apartado de exencións, que fai referencia ás persoas que forman parte do programa de emerxencia social, pero non aparecen descontos para, por exemplo, familias numerosas, xubilados, etc.
É unha Ordenanza ambigua.
A nosa agrupación cre imprescindible a enumeración de todas as actividades, que van depender desta ordenanza así coma a decrición dos descontos que se van aplicar e non só as exencións.
Polo que, propón, deixar esta Ordenanza sen votar; convocar á Comisión de Cultura; redactar unha ordenanza completa, co consenso dos tres partidos, que compoñen a Corporación; e, despois, aprobala no Pleno da Corporación, se procede.
A pesares da nosa proposta, a Alcaldía decidiu que se votase e foi aprobada cos votos a favor do PP e do MI.
O PSOE decidiu non votar porque non se pode votar algo inacabado e ambiguo, que pode perxudicar aos veciños.
6. Ratificación do acordo, polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e o seu financiamento para o ano 2016.
Neste acordo, compróbase que o goberno autonómico, aporta o mesmo haxa ou non haxa gasto no Concello, polo que se ve unha clara falta de compromiso do gobernos de Feijoó cos Servizos Sociais.

Por isto, o noso grupo decidiu ABSTERSE.
7. Moción do PSOE, para dotar a O Salnés dunha ambulancia medicalizada.
Todos os grupos estiveron de acordo coa nosa moción, polo que o Pleno da Corporación APROBOU a moción.

No hay comentarios:
Publicar un comentario