11 abril 2016

Moción referida á infraestrutura externa do Centro Social Polivalente de As Covas



O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO


O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida á infraestrutura externa do Centro Social Polivalente de As Covas


O Centro Social Polivalente de Meaño é unha infraestrutura destinada ao coidado e á atención das persoas maiores do noso Concello.
O seu correcto funcionamento tamén ven determinado polo emprego dunha boa instalación do mesmo.
Non obstante, a apariencia externa presenta certos desaxustes que, dende esta agrupación, vimos poñendo de relevo, desde a pasada lexislatura, cando expuxemos a imperiosa necesidade dunha barandilla na rampa de acceso.
Así, en primeiro lugar, o Real Decreto 486/1997 do 14 de abril establece as medias de seguridade e saúde mínimas dun centro de traballo.
Algo moi preocupante e que contradí calquera lóxica, é que a saída de emerxencia non está habilitada para persoas que teñan problemas de movilidade e necesiten acceder e saír do centro en cadeira de rodas ou axudados por muletas ou bastóns.
Por outra banda, ao carón de esta saída, atopamos un estanque que non ten ningún tipo de seguridade ao seu arredor, como un pavimento acristalado ou outro tipo de medidas de seguridade, xa que os usuarios teñen problemas de mobilidade reducida, de audición e visuais, entre outras.
No referente ao asunto a tratar, a lei sinala o seguinte:
Las aberturas o desniveles que supongan un riesgo de caída de personas se protegerán mediante barandillas u otros sistemas de protección de seguridad equivalente, que podrán tener partes móviles cuando sea necesario disponer de acceso a la abertura.
(…..)

Los lugares de trabajo y, en particular, las puertas, vías de circulación, escaleras, servicios higiénicos y puestos de trabajo, utilizados u ocupados por minusválidos, deberán estar acondicionados para que puedan utilizarlos”
De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación a seguinte;


PROPOSTA DE ACORDO:


  1. Instar á Xunta de Goberno local a levar a cabo as medidas adecuadas e oportunas para subsanar os deficiencias sinaladas.
En Meaño, 4 de abril do 2016

Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario