12 abril 2016

Preguntas do Pleno do 11 de abril de 2016



No Pleno da Corporación de onte, o noso grupo fíxolle as seguintes PREGUNTAS á Alcaldía:


1.- Recentemente, no vial de a Capela de As Angustias, en Xil, houbo un atropelo. En ocasións anteriores, incluso noutras lexislaturas, pedimos melloras na seguridade da zona.
Teñen pensado poñer en práctica novas medidas para aumentar a seguridade viaria?

A resposta do grupo de goberno foi que se está a estudar a posibilidade de pedirlle melloras á Deputación de Pontevedra, por ser a titular da estrada.


2.- Gustaríanos saber que é o que se vai facer finalmente co Pavillón de Xil.

A resposta que recibimos foi que, de momento, vaise cerrar a estructura externa, para evitar o deterioro do interior, debido á choiva, por exemplo.
Nunha segunda obra, trataríase de acondicionalo para convertilo nun centro de actividades deportivas.

Non se concretou máis, así que non sabemos cando se levaría a cabo esta segunda obra, que o convertiría nun ximnasio, nin cando comezará o peche do muro exterior.


3.- Os colectores da rúa Ponte-Dena desbordan lixo con frecuencia, causando mala imaxe e xerando cheiros. Van buscar algunha solución para este problema?

A resposta que se nos deu foi que é certo que hai moita acumulación de lixo neses colectores, sobre todo en días concretos, polo que se van instalar máis colectores na zona e se vai tratar de que os usuarios fagan un bo uso dos mesmos, facendo unha selección axeitada dos refugallos.

Descoñecemos como van afrontar o traballo cos usuarios, á hora de depositar o lixo no colector axeitado, porque non se deron máis explicacións...pode que porque aínda non o saben nin eles.


4.- O camiño da Ratiña, en Xil, sofre inundacións. Saben como van solucionar este problema?

O grupo de goberno dixo que o ano pasado se meteron uns tubos neste camiño, para facilitar o paso da auga e, nun primeiro momento, afirmou descoñecer que se producían inundacións.
Despois da insistencia dos Concelleiros da nosa agrupación, a Alcaldesa acabou por dicir que sabe que unha veciña tapona ditos tubos.

 Entón, hai inundacións? e cal vai ser a solución? 
Non esperedes ler a solución pensada pola Alcaldía porque, o grupo maioritario, non dixo nada máis.


5.- En días pasados produciuse un altercado en Padrenda, no que estaba presente a Alcaldesa. Que facía alí?

Nun primeiro momento, negou a súa presencia no lugar, pero, despois dun intercambio de palabras cos nosos Concelleiros, acabou recoñecendo que si estivera alí, aínda que, afirmou, fora por casualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario