Onte estivemos apoiando á Banda Unión Musical de Meaño no seu XXV Festival de Bandas.
Os nosos concelleiros, Icía García e Manuel Radío, estiveron acompañados por Chelo Besada, Deputada Provincial.
![]() |

A festa comezou co desfile da BUMM e da Banda Sinfónica do CIM de Buñol.
A Banda dos Litreros de Buñol fixo unha gran actuación con obras como Flor de Azahar de Gregory Fritze, que se atopaba entre os músicos desta banda.
A Praza do Concello encheuse de afeccionados á música.
A BUMM interpretou pezas coma Four Spanish Impressions, adaptada por Antón Alcalde.
O Festival chegaba ao seu fin, pero os noso concelleiros tiñan ganas de seguir coa música.
Chelo Besada entregou algúns dos agasallos que a BUMM tiña preparados, ademais de felicitar á Directiva polo seu gran traballo.
Nós tamén queremos dicirlle á Organización: Parabéns!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario