Meaño,
a 7 de abril de 2016
NOTA
DE PRENSA
AS
DIFICULTADES QUE ESTA A TER A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE MEAÑO, PARA
DESEMPEÑAR A SÚA LABOR, NO CONCELLO CHEGAN ÁS MANS DA VALEDORA DO
POBO.
O
pasado día 18 de marzo de 2016 a Agrupación Socialista de Meaño
presentou ante a Valedora do Pobo un escrito informando das
dificultades que están a ter para desempeñar a súa labor como
concelleiros e como membros da oposición no Concello.
Cabe
destacar que nos últimos plenos as mocións que esta Agrupación
Socialista presenta no Rexistro do Concello de Meaño están sendo
tratadas como rogos sen unha explicación legal que xustifique este
cambio.
Tamén
sofren retrasos no acceso aos diferentes expedientes, impedindo así
que poidan ter a información para desenvolver o seu traballo de
oposición, e ademais sen ter un espazo en condicións onde poidan
atender aos seus veciños e veciñas.
A
Agrupación Socialista de Meaño veuse na obriga de denunciar esta
situación ante a Valedora do Pobo, a cal contestou á súa petición
citándoos a unha reunión para que, en persoa, se lle explicasen
estas dificultades.
Agrupación
Socialista de Meaño facebook.com/psoe.meano
Queremos
facer máis por ti e por todos.
meanoacotio@blogspot.com.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario