02 diciembre 2015

Recaudación da Gala Solidaria



O PSOE LOGRA RECAUDAR MÁIS DE 830KG NA GALA SOLIDARIA “FÁSTEME COÑESIDO”


Icía García e Manuel Radío conseguen cerca de 300Kg de alimentos para Meaño


Meaño, 1 de decembro do 2015


O pasado domingo 29 de outubro do 2015, en Sanxenxo, tivo lugar a Gala Solidaria “Fásteme Coñesido”, organizada polas agrupacións socialistas de Meaño e Sanxenxo cun marcado carácter solidario. Varios membros das dúas agrupacións e diversos voluntarios participaron no festival, parodiando a grandes artistas como Gloria Estefan, Peret, Lolita Flores ou Alaska. O gañador desta edición, trala deliberación do xurado composto por bailarins profesionais, que asemade, amenizaron a gala cos seus fermosos bailes, e persoas vinculadas á cultura en Sanxenxo, foi o concelleiro socialista de Meaño, Manuel Radío Oubiño, cunha imitación perfecta de El Arrebato, que deixou a todos os asistentes abraiados.

Ao igual que na edición anterior, o único requisito para asistir á cita era entregar algún producto non perecedeiro. Neste sentido, os socialistas lograron recaudar un total de 830Kg de alimentos, así como productos infantís. Todos estos productos serán donados a Cáritas Sanxenxo e aos servicios sociais de Meaño e Sanxenxo.

Unha vez finalizada a gala, Icía García e Óscar Serantes, Secretarios Xerais de Meaño e Sanxenxo, respectivamente, agradeceronlle ao público a súa participación e o seu gran traballo aos concursantes.


Grupo Municipal Socialista
PSdeG-PSOE Meaño

No hay comentarios:

Publicar un comentario