14 diciembre 2015

MOCIÓN TRIENIOS DOS TRABALLADORES


O PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte:

MOCIÓN

O pasado 9 de novembro do 2015 ante o rexistro de este ente local, o Partido Socialista presentou unha petición para o acceso ás vidas laborales do persoal laboral fixo, así como una especificación dos postos que desempeñan cada un deles.
Tívose acceso a esta documentación o 19 de novembro do 2015. Tras un estudio porminorizado desta información, infórmase ao Concello do seguinte:

O artigo 14 da Constitución Española establece que os españoles son iguais ante a lei, sin que poidan ser discriminados por alguna razón de nacemento, raza, sexo, religión, opinión ou calqueira circunstancia persoal ou social. En concordancia con esto redactouse o artigo 15.6 do RDL – Estatuto dos Traballadores - 1/1995, dada pola Lei 12/2001 do 9 de xullo. Todo esto recolle o principio de igualdade e non discriminación no recoñecemento da antigüedade ao personal laboral fixo; polo que o non recoñecemento deste dereito aos contratos temporales contrapón o disposto na Directiva Europea.

Cabe destacar, asemesmo o redactado na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servicios previos na Administración Pública. Nos últimos 5 anos tivéronse multitude de sentencias tanto do Tribunal Supremo como do Tribunal de Xustiza da Unión Europea no que se especificaba e obligaba ás Administracións Públicas a aplicar a Lei, indicando que os traballadores temporal, sin distinción entre laborales ou funcionarios, teñen dereito ao recoñecemento da antigüedade, tamén chamados trienios.


Como ben sinala o dereito, todas estas sentencias crean xurisprudencia; polo que actualmente deberase analizar toda a vida laboral, con independencia da data de finalización do contrato e a reanudación do contrato, se estes contratos foron establecidos con una mesma Administración, xa que existe un vínculo laboral.

O Concello de Meaño nas Bases de aplicación das Retribucións do persoal que presta servicios nel, establece o recoñecemento da antigüedade do persoal laboral fixo, pero non se está recoñecendo a relación laboral anterior ao establecemento da condición “fixa”.
Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte.



ACORDO:

  1. O recoñecemento da antigüedade anterior ao establecemento da condición “fixa” do persoal laboral fixo, así como o seu aboamento.

En Meaño, 7 de decembro do 2015




Asdo: Icía García Fernández
Voceira do PSdeG-PSOE




SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO

No hay comentarios:

Publicar un comentario