O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a
seguinte:
MOCIÓN
A Lei
27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da
Administración Local (LRSAL) puxo en xaque a base do municipalismo e
o modelo que garantiu a cohesión social do noso país durante os
últimos 30 anos. Esta mal chamada Reforma Local priva ás entidades
locais das competencias en materia de prestación dos servizos
sociais e de promoción e reinserción social, así como noutras
competencias: sanidade, consumo, igualdade, políticas activas de
emprego, etc.
Desde
o principio, o PSOE opúxose frontalmente a esta reforma porque ataca
e dana á raíz mesma do goberno municipal, recorta competencias aos
concellos e abre o camiño á desaparición ou a privatización dos
servizos sociais que prestan os concellos. Hoxe de novo, os
socialistas reafirmamos o noso compromiso de derrogar esta Lei en
canto o PSOE chegue ao Goberno. Calcúlase que cando o 31 de decembro
entre en vigor a previsión de cesión das competencias de servizos
sociais municipais ás CCAA, máis de 8,5 millóns de cidadáns
veranse afectados.
Con
iso créase unha situación crítica para a continuidade do sistema
público de Servizos Sociais en España que se foi construíndo desde
os anos 80, sobre a base do marco constitucional, e dos Estatutos de
Autonomía.
Ademais, isto lévase a
cabo nun momento en que as cifras de pobreza en España son cada día
máis dramáticas. Na actualidade, 1 de cada 5 persoas viven no noso
país por baixo do limiar de pobreza. 2,8 millóns de nenos, o 33,8
por cento da poboación menor de idade, están en risco de pobreza. A
taxa de cobertura por desemprego baixou até deixar desatendidas á
metade das persoas en paro, mentres que ter un traballo, xa non
garante saír da pobreza en España.
Nun contexto como o
actual, é necesario potenciar os servizos aos que a cidadanía
recorre en primeiro lugar para obter información e atención social
e laboral, pero paradoxalmente, o Goberno do PP,
no seu afán de reducir a mínimos a protección social, consumou o
desmantelamento da Rede Pública de Servizos Sociais de proximidade,
con recortes orzamentarios (64% no Plan Concertado) que, ademais de
deixar sen protección a miles de cidadáns en plena crise, supuxo a
destrución de máis de 10.000 postos de traballo do sector público
local.
Tamén se marxina aos
cidadáns que viven no medio rural ao eliminar calquera servizo
social dos pobos con menos de 20.000 veciños (incluso os servizos
sociais de asistencia inmediata deixan de ser de carácter
obrigatorio nos municipios pequenos) en aras dunha pretendida maior
rendibilidade, e para traspasar ditas competencias directamente ás
deputacións provinciais.
En definitiva a LRSAL,
que entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2016, suporá para millóns
de persoas perder a atención social que reciben dos seus Concellos.
Por iso, a Xunta de Goberno da FEMP pediu unha moratoria da súa
entrada en vigor e a posterior derrogación da mesma.
Por
todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do
seguinte.
ACORDO:
- Instar ao Goberno de España a:
- Derrogar a lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da Administración Local.
- Mentres tanto, se comprometa a tramitar, de forma inmediata, unha modificación lexislativa que devolva urxentemente ás Entidades Locais as competencias en materia de prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social, reafirmando a autonomía municipal constitucionalmente garantida, entendida como a capacidade de decisión en todos os ámbitos da vida cidadá, sen prexuízo da necesaria coordinación de competencias entre administracións, baixo os principios de calidade do servizo, proximidade e subsidiariedade.
En
Meaño, 7 de decembro de 2015
Asdo: Icía García
Fernández
Voceira do
PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA
DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario