O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a
seguinte:
MOCIÓN
O 5 de
outubro do 2015 o Partido Socialista solicitou un informe detallado
sobre o contido dos paquetes básicos de alimentos que se entregan
mensualmente ás familias máis necesitadas do noso concello, coa
intención de capear mellor a mala situación económica que están a
sufrir.
O 6 de
novembro do 2015 recibimos resposta co contido detallado dos
alimentos que se lle entregan ás familias con menores e ás familias
sen menores de 1 ou 2 membros.
Ao
partido socialista parécelle una cantidade ínfima para poder
soportar un mes enteiro. É inconcebible que una familia con menores
poidan aguantar un mes con un solo paquete de cereales, 2 botes de
salsa de tomate, 1 pack de papel hixiénico ou medio kilo de filetes
de polo.
Ademáis,
creemos necesario que se introduzan neste paquete básico productos
infantís como pañales ou locións; así como deterxente.
O
pasado mes de agosto realizouse a Carreira Popular con un marcado
carácter solidario, unha iniciativa coa que estivemos de acordo e
tatamos de colaborar no máximo posible. O 29 de novembro, en
colaboración co PSOE de Sanxenxo, organizamos una Gala Solidaria co
obxetivo de recaudar alimentos. Á nosa agrupación correspondéronlle
case 300Kg de alimentos, así como varios productos infantís e de
limpeza. O 2 de decembro deposítamolos no almacén que ten o
Concello de Meaño.
Creemos
necesario que se siga promovendo a solidaridade entre os nosos
veciños, para así axudar a quen máis o necesita. Pero non sólo
chega con abastecer ás familias de alimentos, senon que debemos
seguir educando as familias sobre cómo xestionar os seus recursos
dunha forma adecuada, labor que xa se está a realizar dende o
Concello.
Por todo elo, solicitamos
ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte.
ACORDO:
- Aumentar a cantidade dos produtos do Paquete Básico de Alimentos, canto menos dobrar a cantidade actual, de determinados productos básicos.
- Ampliación dos productos do Paquete Básico de Alimentos, como por exemplo, pañales, locións infantiles, deterxente, champú, etc.
En
Meaño, 7 de decembro do 2015
Asdo: Icía García
Fernández
Voceira do
PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA
DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario