O
PLENO DO CONCELLO DE MEAÑO
O
Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a
través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do
disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto
2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a
seguinte:
MOCIÓN
A
pista de “A Barroca”, en Padrenda de Abaixo, Padrenda, que
colinda coa pista de Castrelo, “Chancelas”, presenta un mal
estado nos seus beirais. A auga, cando chove, non viaxa só polo rego
senón que ademais invade a carretera. Devandito rego, de terra,
estase desfacendo polas riadas que hai no inverno e iso trae como
consecuencia que a area cubra a pista.
Ademais,
coa maleza a cuneta queda tapada e cando se atopan dous coches, un
procedente de Padrenda e outro de Castrelo, teñen que parar para dar
un paso ao outro ou, no peor dos casos, entran os dous e un deles
queda atrancado no rego, como xa ten pasado con tractores, coches e,
incluso, con camións de conxelados, sendo os veciños quen teñen
que usar os seus vehículos agrícolas para remolcalos.
A
continuación, móstranse unhas imaxes que corroboran o mal estado da
estrutura:
Por
todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do
seguinte.
ACORDO:
- Entubar a auga con tubos de cemento, que se asfalte e se lle dea un metro de ancho a cada cuneta para que poidan pasar dous vehículos ao mesmo tempo.
En
Meaño, 7 de decembro do 2015
Asdo:
Icía García Fernández
Voceira
do PSdeG-PSOE
SRA.ALCALDESA-PRESIDENTA
DO EXCMO CONCELLO DE MEAÑO
No hay comentarios:
Publicar un comentario