No Pleno da Corporación do día 14 de decembro de 2015, os concelleiros socialistas fixeron as seguintes PREGUNTAS:
- Como está a situación do campo de fútbol-7 de A Toxa, despois de que o concello non ingresase os cartos que debía para sacar a diante o proxecto?
A Alcaldía dixo que no proxecto orixinal non se tiña en conta a entrada ao campo de fútbol, polo que agora está a espera para asinar un novo convenio coa nova Presidencia da Deputación de Pontevedra.
- Como vai quedar a entrada do ensanche Padrenda-Pazo do Monte?
A Alcaldía afirma que se abreu un expediente de dominio porque os veciños non cedían os terreos.
- Ten pensada algunha solución para o cruce da rúa de Galicia (Dena) coa rúa Nova (Dena), ao lado do Centro de Saúde de Dena?
A Alcaldía sinalou que se pintou un zig-zag amarelo, para non romper a visión.
- NÓS DICIMOS: Tratou de incorporarse á rúa Nova desde a rúa de Galicia nese cruce? O PROBLEMA ESTÁ NA ACERA CONTRARIA!!!!!
- Pensou nalgunha solución para mellorar a entrada ao C.E.I.P. As Covas na rúa do Salnés?
- Cando se van rematar as obras da carretera de Cobas?
- Que pode contar o grupo de goberno sobre a Fundación Galaico-Portuguesa?
- Entre as funcións da asesora, figura que a Alcaldía pode "delegarlle a asistencia a eventos do Concello", trátase dun erro de redación ou pretende que esa sexa unha das súas funcións?
- En que situación está a Relación de Postos de Traballo? Paralizouse fai anos e non se volveu saber nada. Estase redactando ou non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario