12 diciembre 2015

Anuncio do Pleno do 14 de decembro de 2015


CONVIDÁMOSTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE MEAÑO QUE SE CELEBRARÁ NO CONCELLO O PRÓXIMO MARTES, DÍA 14 DE DECEMBRO DE 2015, ÁS 20:00 HORAS.


Tratarase o seguinte ORDE DO DÍA:


1.- Aprobación, si procede, da Acta da sesión de data 19 de outubro de 2015 e do sorteo do público dos membros das mesas electorais eleccións xerais 2015.
2.- Adopción de bandeira e modificación do escudo do concello de Meaño.
3.- Elección de xuíz de paz.
4.- Delegación na deputación provincial de Pontevedra das facultados de recadación vía executiva dos ingresos de dereito público.
5.- Informe da avaliación prevista no acordo primeiro apartado b) da comisión bilateral de cooperación administración xeral do estado-comunidade autónoma de Galicia en relación coa lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da administración local.
6.- Dar conta do informe de intervención do período medio de pago a provedores e do informe do cumprimento dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, correspondentes ao 3º trimestre.
7.- Dar conta das resolucións da alcaldía


8.- Mocións presentadas pola Agrupación Socialistas:
- Acondicionamento do campo situado no monte da Raposa (Cobas).
- Acondicionamento da pista “A Barroca” (Padrenda).
- Paquete básico de alimentos.
- Ponte de Ganón.
- Lei de racionalización e sustentabilidade da administración local.
- Trienios.
9.- Rogos e preguntas.

Meaño, a 12 de decembro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario