No Pleno da Corporación, celebrado o pasado 14 de decembro, tratáronse diversos aspectos, dos que imos dar conta a continuación.
- O primeiro dos puntos que se abordou foi a adopción da bandeira e a modificación do escudo do concello.
Durante anos tivemos unhas enseñas ilegais, con expedientes que foron e volveron da Comisión Heráldica ao concello, co gasto que supón, ou que simplemente se aparcaron mum caixón.
Estamos de acordo en que era algo que había que rematar, pero podería ser ese escudo ou calquera outro porque o elixido non representa nada significativo para os meañeses, así que o noso grupo veuse obrigado a "ABSTERSE".
- O seguinte punto foi a eleción do Xuíz de Paz do Concello de Meaño.
A nosa agrupación cre que hai que valorar ás persoas con experiencia, máis se cabe, do propio concello, polo que apoiamos cos nosos votos a Carlos Vieitez, votando "A FAVOR".
- O terceiro dos temas que se tratou foi a delegación no ORAL da recaudación dos ingreos de dereito público por parte do Concello de Meaño.
Consideramos que o concello carece das estructuras precisas para realizar os cobros, polo que "APOIAMOS A PROPOSTA".
- Finalmente, revisouse cal podería ser a situación na que quedase o noso concello tras a entrada en vigor da Lei 5/2014, de 27 de maio, de medidas urxentes, derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e substentabilidade da administración local.
Son competencias impropias do concello o transporte asistenciasl; o comedor escolar e a aula de acollida; o Centro Polivalente de Meaño; e a Escola de Música.
Esta lei pretende deixarnos sen servizos fundamentais, coma os que acabamos de citar, podendo obrigar ao noso concello a deixar de prestar os servizos impropios, impedindo o uso de fondos propios do concello para manter estes servizos.
Cal podería ser a solución? A subida das taxas.
Pero, moitos dos nosos veciños non están en disposición de pagar taxas AÍNDA máis elevadas, polo que se perderían estes dereitos.
Algúns argumentos dados, por outros partidos políticos foron:
- Esta lei é necesaria para controlar aos concellos endeudados.
- NÓS DICIMOS: O Concello de Meaño non está endeudado: ten superávit.
- Confiamos en que se premie aos concellos que cumplan.
- NÓS DICIMOS: En que parte da lei se di que se confíe nos premios???
Por todo isto, a Agrupación Socialista de Meaño votou "EN CONTRA".
No hay comentarios:
Publicar un comentario