15 diciembre 2015

MOCIÓNS DO PLENO DO 14 DE DECEMBRO DE 2015


Para o Pleno da Corporación, o noso partido presentou 6 mocións, das que a Alcaldía decidiu debatir soamente 2.



- Na primeira delas pedíaselle ao Pleno da Corporación que instase ao goberno de España a derogar a Lei 27/2013 de 27 de decembro, que fai perigar servizos básicos dos nosos conveciños.

O grupo de goberno do Concello de Meaño, decidiu non votar a moción e deixala para o seguinte pleno ordinario, a pesares de que entrará en vigor o próximo mes de xaneiro.



-A segunda moción solicitaba o aboamento dos trienios aos traballadores fixos, tendo en conta o tempo traballado antes de adquirir a condición de fixos.

A Alcaldía afirmou que na semana anterior ao Pleno solicitouse un informe sobre este aspecto á Secretaría de Intervención.
Este informe non estaba feito e o grupo de goberno decidiu deixar a moción para debatila noutro pleno.

Por suposto, a nosa agrupación manifestouse "EN CONTRA" desta decisión, posto que a Alcaldía tivo tempo durante toda a semana, desde que entrou a moción no rexistro do concello, para prepararse para a votación, do mesmo xeito que a oposición, o noso grupo, ten soamente 4 días para ler e preparar a votación dos orzamentos anuais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario