31 diciembre 2015

CABALGATA SOLIDARIA.


A ASOCIACIÓN CULTURAL PENAGUDA DE DENA ORGANIZA A 

"30ª CABALGATA DE REIS", O PRÓXIMO 5 DE XANEIRO DE 2016.

ESTE ANO, A CABALGATA SERÁ SOLIDARIA, XA QUE, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA, A ASOCIACIÓN RECOLLERÁ ALIMENTOS E ROUPA USADA NO PAVILLÓN DE DENA. 

O POSTO DE RECOLLIDA ESTARÁ INSTALADO DURANTE TODA A TARDE.

ÁS 18:00 HORAS SAIRÁN AS CARROZAS DA ALAMEDA, NA RÚA DOS COLEXIOS, E AS 19:30 HORAS SORTEARANSE REGALOS ENTRE OS NENOS QUE QUEIRAN SAUDAR ÁS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS.

ACHEGÁDEVOS COAS VOSAS FAMILIAS PARA DESFRUTAR DA MAXIA DO NADAL!!!

PARABÉNS PARA A "PENAGUDA" POLO SEU ESFORZO!!!

AXUDAS PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO


SE TES PROBLEMAS PARA PAGAR O RECIBO DA LUZ, PODES OPTAR A ESTA SUBVENCIÓN.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES COMEZARÁ O 15 DE XANEIRO ATA O 15 DE NOVEMBRO DE 2016, AGÁS QUE SE ESGOTE O CRÉDITO ANTES.

OGALLÁ ESTE TIPO DE AXUDAS NON FOSEN NECESARIAS.

AXUDAS PARA AS VIVENDAS.



A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA ACABA DE CONVOCAR AXUDAS DE DIFERENTES TIPOS, PARA MELLORAR A HABITABILIDADE DAS NOSAS VIVENDAS. 

DEIXÁMOSVOS AQUÍ OS ENLACES PARA QUE POIDADES LER A CONVOCATORIA DA AXUDA QUE MÁIS VOS INTERESE.

- UNHA DESTAS AXUDAS VAI DESTINADA Á RENOVACIÓN DAS FIESTRAS.
 OS INTERESADOS DEBERÁN TRAMITAR A SÚA SOLICITUDE A TRAVÉS DAS ENTIDADES COLABORADORAS E O PRAZO PARA SOLICITAR ESTE TIPO DE AXUDAS VAI DESDE 0 1 DE MARZO ATA O 30 DE SETEMBRO DE 2016, AGÁS QUE O CRÉDITO SE ESGOTE ANTES.

O PRAZO PARA SOLICITAR ESTA SUBVENCIÓN É DO 20 DE XANEIRO AO 20 DE ABRIL DE 2016, AGÁS QUE O CRÉDITO SE ESGOTE ANTES.

- SE O QUE PRECISAS RENOVAR É A FACHADA E A CUBERTA DE LOUSA TAMÉN PODES SOLICITAR UNHA SUBVENCIÓN.
O PRAZO TAMÉN VAI DO 20 DE XANEIRO AO 20 DE ABRIL, AGÁS QUE O CRÉDITO SE ESGOTE ANTES.

- SE O QUE TES QUE RENOVAR É UNHA CUBERTA CON TELLA CERÁMICA, DISPÓS DO MESMO PRAZO PARA SOLICITAR A TÚA AXUDA, DO 20 DE XANEIRO AO 20 DE ABRIL, AGÁS QUE SE ESGOTE O CRÉDITO ANTES.

- AS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS QUE NECESITEN RENOVAR TOTAL OU PARCIALMENTE O SEU ASCENSOR PODEN FACELO A TRAVÉS DESTA SUBVENCIÓN.
AS SOLICITUDES PRESENTARANSE ENTRE O 20 DE XANEIRO E O 20 DE ABRIL DE 2016, AGÁS QUE SE ESGOTE O CRÉDITO ANTES.

30 diciembre 2015

PREGUNTAS DO PLENO EXTRAORDINARIO


No Pleno Extraordinario da Corporación do día 29 de decembro de 2015, os concelleiros socialistas fixeron as seguintes PREGUNTAS:



- Por que diminúe a partida destinada  aos coidadores da aula de acollida e do comedor escolar?

- Baixa a partida destinada ao "vestiario da Policía Local", cando non teñen o material preciso para desempeñar o seu cargo, tendo que usar o material doutros concellos, como é o caso dalgunhas chaquetas. Se recorta nesta área, será un problema que se alongará no tempo, pero que non se arranxará.

- Descende o gasto nas analíticas da auga das fontes, cando o que se debería facer é aumentar o número de análises, facendo, como mínimo, 3 anuais.

- Aledámonos de que as reclamacións socialistas sexan escoitadas e suba a partida destinada a "gastos diversos, recuperación de zonas verdes, contornos fluviais e medio ambiente".

- Pero, parécenos moi perigoso que baixe á metade a partida de "traballos de mantemento medio ambiente-incendios foretais". No mes de decembro, están activos incendios en Asturias ou Cantabria e esta situación podería darse aquí.

- A que se debe que existan dúas partidas (unha de 500 euros e outra de 800) coa denominación de "prensa"?

- Como é posible que a partida de "mantemento de instalacións deportivas" siga igual que o ano pasado, cando agora existe unha pista de paddle que hai que coidar?

- Resulta sorprendente que a partida de "promoción comercio-mercado municipal" se vexa reducida, cando esta actividade debería ser fundamental para mellorar a economía do noso municipio e, con isto, a vida das nosos veciños.

- Que pensa facer o equipo de goberno coa partida de "promoción turística", cando esta tarefa foi delegada por vostedes mesmos na Mancomunidade do Salnés?

- Felicitamos ao grupo de goberno por incluir unha partida destinada ao "mantemento de lavadoiros e fontes". Por fin, se decataron de que son unha parte primordial do Patrimonio Municipal, despois das moitas peticións que a nosa agrupación fixo sobre isto.

- Pode explicar en que consiste o proxecto de "pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilaxuega"? 

- A partida destinada a "axuda no material" para estudiantes é insuficiente.
Ademais, cremos necesario crear unha partida de axuda para estudiantes universitarios, aos que lle subeu o precio do crédito.

- Prevese unha caída de 18.000 euros na partida de ingresos por "impuesto sobre actividades económicas". De aquí, dedúcese que descende a actividade económica no concello, é dicir, descende a actividade comercial, polo que deberían aumentarse as axudas  ao Comercio Local e non diminuila, como se pretende facer neste orzamento.

- Ao mesmo tempo, os ingresos por "imposto sobre a construción, instalacións e obras" segue descendendo, o que implica que o desemprego, nesa rama, continúa.

- Por que aparece agora unha partida de ingresos polo "prezo público da escola infantil"? Xa se cobraba antes e non existía esa partida.

- A partida por "taxa por actividades que organice o concello en competencias educativas, culturais, deportivas e sociais" diminúe en 7.000 euros. A que se debe? Por que se prevé que baixe o número de usuarios ou porque van baixar as taxas?

- Os ingresos pola"taxa da piscina e instalacións deportivas" diminúe en 11.000 euros. Prevese unha campaña de fomento dos bonos ou algún outro suceso que provoque esta caída?

- É significativo que o catering do comedor escolar aumente en 5.000 euros, mentres que o prezo público do comedor escolar descende en 2.000. Isto significa que se vai reducir o prezo do comedor, que os usuarios descenderán ou que o Concello pagará co seu remanente a subida do prezo do catering?

- No Plan de Inversións, inclúese a mellora do alumeado da rúa dos Colexios e outras rúas. Esto quere dicir que se vai cambiar a LED?

- En canto ás "retribucións persoais" vemos que se incorpora unha partida para pagar os posibles trienios atrasados do persoal laboral fixo.
Evitan votar as nosas mocións, pero os seus actos dannos a razón: os traballadores teñen dereito a cobrar o que lles corresponde.



- NÓS DICIMOS: TEMOS QUE VOTAR EN CONTRA DESTE ORZAMENTO PORQUE:

- NON ESTAMOS DE ACORDO COA FORMA DE REALIZAR OS ORZAMENTOS.

- AS PARTIDAS DESTINADAS AOS SERVIZOS SOCIAIS SON ESCASAS E CON POUCOS RECURSOS, CANDO O DESEMPREGO CONTINÚA E AS DIFICULTADES ECONÓMICAS DAS FAMILIAS TAMÉN.

- NON SE CONTEMPLAN PROGRAMAS PARA APLICAR COAS FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL.

- NON TODAS AS INVERSIÓNS REAIS, QUE PLANTEXA O GRUPO DE GOBERNO, SON AS PRIORITARIAS PARA OS VECIÑOS DO CONCELLO.

- NON SE PROXECTA O ACONDICIONAMENTO DUN LOCAL PARA O COMEDOR ESCOLAR, QUE SEGUE NUN BARRACÓN DE OBRA.

- NON SE MELLORAN AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NIN SE PLANTEXA A ADAPTACIÓN DUN DOS PAVILLÓNS NUN PAVILLÓN MULTIUSOS.

- NON SE INCLÚE UNHA PARTIDA PARA DOTAR A DENA DUN APARCAMENTO PÚBLICO GRATUITO.

- O ORZAMENTO É INCOMPLETO E ESCASO.

AS ANPAS E AS SÚAS ACTIVIDADES



A SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE ACABA DE CONVOCAR AS SÚAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES, POR PARTE DAS ANPAS,  NOS COLEXIOS DE GALICIA

AS ACTIVIDADES DEBERÁN TER COMO FINALIDADE FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL.

 ESTAS AXUDAS ESTÁN COFINANCIADAS CO FONDO SOCIAL EUROPEO, DENTRO DO SEU PROGRAMA  GALICIA 2014-2020.

O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E A DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA, SERÁ DUN MES A PARTIR DE MAÑÁ XOVES 31 DE DECEMBRO DE 2015.

SE QUEREDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN, PODEDES FACELO PINCHANDO AQUÍ.

AXUDAS SOCIAIS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO



ESTAS AXUDAS ESTÁN DIRIXIDAS A PERSOAS CON PENSIÓNS DE XUBILACIÓN OU INVALIDEZ, NON CONTRIBUTIVAS.

PROCEDEN DO FONDO DE ASISTENCIA SOCIAL E DO SUBSIDIO DE GARANTÍA DE INGRESOS MÍNIMOS.

OS BENEFICIADOS NON TERÁN QUE SOLICITAR ESTAS AXUDAS, SE NON QUE SERÁN INGRESADAS DIRECTAMENTE NA CONTA ONDE COBRAN AS SÚAS PENSIÓNS.

SERÁ UN PAGO ÚNICO DE 206 EUROS.

AQUÍ ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTE TEMA.

TALA DE ÁRBORES



AQUELES QUE PRECISEN UN PERMISO PARA A TALA DE ÁRBORES, PODEN SOLICITALO A TRAVÉS DO IMPRESO SEGUINTE. 

O CADRANTE DE PERMISOS INFORMA QUE NO MES DE XANEIRO, O AXENTE BARREIRO ESTARÁ NO CONCELLO O MÉRCORES 13 DE 11 A 12 DA MAÑÁ; E O MÉRCORES 27 DE XANEIRO, SERÁ O AXENTE MOARES O QUE ESTARÁ NO CONCELLO DE 11 A 12 HORAS.

27 diciembre 2015

IX CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR FESTIVAL DE BANDAS.



          A Asociación Cultural Unión Musical de Meaño convoca o IX concurso para elixir o cartel anunciador do XXV Festival de Bandas de Música.

Este Festival realizarase o sábado 30 de abril de 2016.

               O prazo de presentación de traballos irá do día 2 ao 30 de xaneiro de 2016.

Podedes consultar as bases do concurso no seguinte enlace.

Por certo, non hai límite de idade para participar.

26 diciembre 2015

PLENO EXTRAORDINARIO


CONVIDÁMOSTE Á SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE MEAÑO QUE SE CELEBRARÁ NO CONCELLO O PRÓXIMO MARTES, DÍA 29 DE DECEMBRO DE 2015, ÁS 13:00 HORAS.
Tratarase a seguinte orde día:

1. Aprobación, se procede, da acta de sesión da data 14 dedecembro de 2015.

2. Aprobación, se procede, do orzamento municipal correspondente ao exercicio económico 2016.


    Meaño, 26 de decembro de 2015