27 septiembre 2017

Horario da recollida do lixo.


A recollida do lixo, dos colectores verdes, será os luns e mércores, a partires das 7:00 da mañá, e os venres, ás 18:00 horas.

Este é o horario de inverno.

Recordade sacar o lixo nas horas próximas á recollida, para evitar a acumulación de residuos fóra dos colectores, así coma os malos cheiros.

Entre todos podemos favorecer unha boa convivencia e un mellor uso do servizo.

Obradoiro da Deputación de Pontevedra en Meaño.



Este é un obradoiro dirixido a grandes e pequenos, para elaborar xabóns naturais.

Será no Centro Social de Dena, do 6 ao 17 de novembro, de 18:30 a 20:30 horas.

Podedes anotarvos entre o 18 de setembro e o 16 de outubro, nas oficinas municipais.

Animádevos!!!

Fisioterapeuta para Meaño.


O Concello de Meaño contrata un fisioterapeuta a tempo parcial, de maneira temporal, para o curso 2017-2018.

As persoas interesadas teñen que entregar a documentación necesaria no prazo de 10 días hábiles, a partir do día 20 de setembro, tal e como se recolle no anuncio no Boletín Oficial de Pontevedra

Podedes ler toda a información sobre as bases de selección pinchando aquí.

Moita sorte a todos os que decidades participar nesta selección!

25 agosto 2017

Contrato Laboral Temporal de Limpiador,-a Encargado,-a no Concello de Meaño.


O Concello de Meaño vai formar unha bolsa de emprego, mediante contrato laboral temporal, para cubrir unha praza de limpiador,-a encargado,-a.

A selección farase a través dun concurso-oposición.

O período de presentación de instancias será de 10 días naturais, desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Esto foi o venres 18 de agosoto.

Entre outros requisitos, os candidatos serán maiores de 16 anos; cunha titulación de Certificado de Escolaridade ou equivalente; e carnet de conducir tipo B. Ademais, pagarán 5 euros de taxas para participar no concurso-oposición.

A fase de oposición constará de 2 exercicios:
- Cuestionario tipo test, de 25 preguntas con respostas alternativas, obrigatorio e eliminatorio.
- 3 traballos de limpeza, con posibilidade de romulación de preguntas, obrigatorio e eliminatorio.
- Ademais, os aspirantes que non acrediten ter o CELGA 1 ou o seu equivalente, terán que realizar un terceiro exercicio, obrigatorio, sobre o coñecemento do idioma galego.

Podedes ver toda a información ampliada, o temario e máis a valoración dos méritos, en canto a formación profesional e experiencia profesional no seguinte enlace.

Oferta de Emprego Público no Concello de Meaño.


O Concello de Meaño vén de anunciar a súa oferta dunha praza de Técnico Medio de Xestión Administrativa, de oposición libre, e outra praza de Administrativo, de promoción interna.

Aquí podedes ver o anuncio o Boletín Oficial da Provincia.

Plan de venres.


-Hoxe, 25 de agosto, tedes onde escoller,
 Ás 20:00 horas, na Capela de San Benito en Lores, dará un concerto a Coral Polifónica de San Miguel de Lores, xunto con Goretti Domínguez, pianista de Lores, e os cantantes Laura Mosquera e Raimonds Pocs.

E, ás 22:00 horas, na Capela das Angustias, actuará Faltriqueira.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.

18 agosto 2017

Para pasar unha fin de semana entretida en Meaño...


-O sábado 19, ás 19:00 horas, no campo de As Cachizas de Dena, xogarase un triangular entre o Ribadumia B, o Cerponzóns e o Unión Dena.

 E ás 21:00 horas, nos Muíños de Lores, a Banda Unión Musical de Meaño dará un concerto chamado "Cantaxogos", cun cantante infantil.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.


- O domingo 20, ás 21:00 horas, a Banda Unión Musical de Meaño dará un concerto na Praza de Simes e, despois, continuará a verbena coas orquestas Televisión e América, S.L.
- O luns 21 tamén desfrutaremos da festa en Simes, a partir das 22:00 horas, esta vez con Fania e Palladium.


- E todos os días, agás os martes, no Pazo de Lis, en Meaño, a exposición de Francisco Pazos.

12 agosto 2017

O 14 DE AGOSTO,ÁS 8 DA TARDE,HABERÁ PLENO.


O 14 DE AGOSTO,ÁS 8 DA TARDE,HABERÁ PLENO.

  • A nosa Agrupación presenta neste Pleno:
- Unha moción sobre os animais de compañía.

Non se pode consentir que se sigan dando casos de cans abandonados que, por fame, matan ovellas ou lle morden a persoas. Ademais, das pérdas económicas, poden transmitir enfermidades graves.
Por iso, pedimos a creación dun regulamento que sirva para evitar, ademais, outras situacións de maltrato como falta de comida, de limpeza, de revisións veterinarias ou golpes.

  • Por outra parte, o luns pasado houbo reunión da Comisión de Contas e tivemos que votar...
- Sobre as axudas a Asociacións.
As súas peticións eran RAZOABLES E NECESARIAS, pero vímonos obrigados a votar EN CONTRA porque o concello non valorou o número de persoas ás que beneficia cada Asociación nin o maior gasto dunhas actividades sobre outras nin a tradición da actividade ou o maior interese cultural e artístico.
Con isto, perxudicouse a varias Asociacións. É necesario un reparto máis xusto.

  • Cos cartos da anterior Asesoría á Alcaldía, vanse liberar dúas concelleiras: Pilar González Dopazo de Dena e Milagros Pérez Gándara de Lores, que pasarán a cobrar un soldo anual.

11 agosto 2017

Esta fin de semana, en Meaño...


- Hoxe, venres 11 de agosto, podedes ser un pouco máis solidarios, acudindo ao showroom de moda, organizado por Con Emoción Complementos, onde desfrutaredes dun concerto solidario e unha degustación de albariño na Bodega Paco y Lola, en Xil.

A entrada é de balde e, parte das vendas, será a beneficio da Asociación Española Contra o Concro.
Foto de Con Emocion Complementos                 Shop Online www.conemocion.com.

















Mañá, sábado 12 de agosto, ás 19:00 horas, no Campo das Cachizas de Dena, xogará o Veteranos Dena contra o Portonovo Veteranos.

E ás 21:00 horas, da actuación de Matías Leiro e Bruno Canario, no Parque da Rúa Nova en Dena, detrás do Centro de Saúde.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.

- O domingo 13 de agosto, ás 19:00 horas, no campo de fútbol de As Cachizas en Dena, xogaranse o Trofeo Prefabricados Dena  o Unión Dena C.F. e o USD O Grove.
Foto de Unión Dena C F.

E, por suposto, a desfrutar da exposición de Francisco Pazos, no Pazo de Lis en Meaño.

 Ademais, o martes 15 de agosto, ás 17 horas, a Asociación de Veciños de Simes celebra a V Olimpiada Popular.
Ás 19:00 horas, no Campo de As Cachizas de Dena, xogarán o Trofeo Construcciones Castro Bouzada o Unión Dena e o Villalonga.


E, ás 21:00 horas, na Praza de Simes, actuará o Grupo de Corda da Orquesta Galicia Fiddle.
Foto de Pilar Gonzalez Dopazo.


A DIVERTIRSE!!!

09 agosto 2017

Área Recreativa de Outeiro.

Xa quedan poucos días para que peche o prazo de presentación de ofertas para rehabilitar e humanizar a Área Recreativa  de Outeiro en Cobas.

Se a túa empresa está interesada en facer a súa oferta ou, como veciño, queres saber que é o que van a facer alí, podes velo pinchando no seguinte enlace.

Ademais, aquí podes ver o prego das cláusulas económicas económico-administrativas.


Esta é unha obra moi necesaria na parroquia de Cobas. Aledámonos de que, despois de pedilo en repetidas ocasións, e de presentar unha moción, que rexeitou o grupo de goberno, se tomen medidas para acondicionar un espazo público fundamental para o tempo de ocio.

Lástima que a obra non sexa no total da superficie, acondicionando o que un día foi un campo de fútbol, e soamente se atenda ao contorno próximo á Casa da Cultura. 
Este goberno non aprende e sempre actúa poñendo parches. Unha mágoa.

07 agosto 2017

MOCIÓN PARA O PLENO DE 14 DE AGOSTO.



AO PLENO  DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida á creación dunha ordenanza para regular a tenencia e a protección de animais de compañía

O concello de Meaño presenta no seu conxunto unha zona rural e, tamén, unha zona urbana. Nelas os seus habitantes teñen animais domésticos ao seu coidado.
Como é por todos sabido, os/as propietarios/as ou posuidores/as de animais estarán obrigados/as a proporcionarlles unha alimentación suficiente e adecuada ás características de cada animal, así como a darlles a atención sanitaria pertinente. Deste xeito, as condicións do aloxamento dos mesmos deben ser óptimas e lonxe de perigos ou molestias para a veciñanza ou para outras persoas.

O Concello de Meaño non conta conta cunha ordenanza que regule a actividade destes animais e, ante a falta dunha normativa que marque esta situación, o noso concello está a sufrir, ano tras ano, a aparición de animais abandonados polos camiños ou de animais que adoitan usar os lugares públicos para facer as súas necesidades.

Por outro lado, tamén son salientables os casos de animais mortos que están a aparecer nas vías públicas. Isto é debido ás malas condicións que sufren ditos animais. Débese buscar unha regularización neste tipo de situacións para non ocasionar problemas de salubridade.

Dito isto, é necesario que se aprobe un regulamento municipal no que se especifique o seguinte:
  1. A regulación de que animais domésticos se consideran perigosos e cales non
  2. As obrigas que se deben ter cos animais domésticos
  3. Os animais abandonados
  4. A protección dos animais
  5. O coidado do entorno urbano
  6. As infraccións e sancións pertinentes
De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;

1.      CREACIÓN DUNHA ORDENANZA PARA REGULAR A TENENCIA E A PROTECCIÓN DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA
  
En Meaño, a 7 de agosto do 2017

            

12 junio 2017

DO QUE SE FALOU NO PLENO DO 12 DE XUÑO…

DO QUE SE FALOU NO PLENO DO 12 DE XUÑO…

  • A nosa Agrupación presentou neste Pleno:
-“Sorprendentemente”, o grupo de Goberno fixo unha proposta igual á nosa, despois de que a Agrupación Socialista presentase por rexistro esta moción.
Pedimos que na Páxina Web aparecera información sobre os presupostos, as contas anuais, o Patrimonio Municipal, os contratos menores, as modificacións de contratos, os convenios, as subvencións, etc.
É necesario que os veciños coñezamos toda a información económica, gastos e ingresos, que manexan nas oficinas do concello. Iso é o que pretendía a nosa agrupación: as contas claras para todos!!!
  • Por outra banda, tamén preguntamos…
- Parécevos suficiente o terreo para aparcar? Hai espacio para celebrar as festas desta parroquia? Á nosa agrupación cre que NON. Seguro que hai terreos máis apropiados pola mesma zona, onde non haxa tantos perigos para os nenos, como o río, o paso dos coches, etc.
Veremos a onde chega esta idea da Alcaldía…
Por certo, como vos enterastes desta noticia? Vístelo nun bando municipal? Ou no periódico? Este goberno informa antes á prensa que aos propios veciños afectados. Pensades que isto é lóxico?
Onde está a transparencia?

05 junio 2017

MOCIÓN DO PLENO DE XUÑO DE 2017


AO PLENO  DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida á creación do Portal de Transparencia.

     Según  a Exposición de Motivos da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (BOE nº 295, do 10 de decembro do 2013), a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser o eixo principal de toda acción política. 
   Só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os veciños poidan coñecer cómo se toman as decisións que lles afectan, cómo se manexan os fondos públicos ou baixo qué criterios actúan as nosas institucións poderemos falar dunha sociedade crítica, esixente e participativa.
   No artigo 10 de dita Lei establécese a creación dun Portal de Transparencia que facilite o acceso aos cidadáns da información desta natureza e no artigo 12 contémplase que “todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública, nos termos previstos no artigo 105.b) da Constitución Española, desenvoltos por esta Lei”.
   Unha das principais funcións da páxina Web do Concello é transmitirlle aos veciños toda a información das decisións que se acorden ou se tomen nos Plenos, que coñezan o destino de cada céntimo de diñeiro público do Concello, así como, mostrarlles as novidades sobre as actividades que se desenvolvan no ámbito do Concello, entre outras.
   No Concello de Meaño estase a incumprir a citada Lei de Transparencia ao non ter creado o Portal de Transparencia na Páxina web.
   Noutros concellos colindantes están cumprindo con esta Lei a distintos niveis. Xa sexa creando o Portal de Transparencia, que é de obrigado cumprimento para os concellos dende o mes de decembro do 2015, ou a través da aplicación dos indicadores promovidos por Transparencia Internacional España, que mide e evalúa anualmente aos concellos.

   No Portal de Transparencia deben publicarse, como mínimo, a seguinte información:

1.      Información institucional, organizativa e de planificación: Sobre o Pleno, Xunta de Goberno, a estructura organizativa do Concello, datos biográficos, retribucións, declaración de intereses, actividades e bens da Corporación Municipal, mocións presentadas dende decembro do 2015, postos de traballo e procesos de selección.

2.      Información económica, presupuestaria e estadística: Presupostos, contas anuais, estados financieiros, informes de estabilidade orzamentaria, Licitacións e adxudicacións, Patrimonio Municipal, relación de contratos menores, mesas de contratación, modificacións de contratos, convenios e subvencións.

3.      Información de relevancia xurídica: Información da Xunta de Goberno Local (con ordes do día e extracto de acordos adoptados), información do pleno, ordenanzas e normativas, reglamentos orgánicos e resolución xudiciais que afecten ao Concello respetando sempre a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de Carácter Persoal.

De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;

1.      CREACIÓN DO PORTAL DE TRANSPARENCIA NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE MEAÑO



En Meaño, a 5 de xuño do 2017

27 abril 2017

DO QUE SE FALOU NO PLENO DO 27 DE ABRIL…


DO QUE SE FALOU NO PLENO DO 27 DE ABRIL…

  • A nosa Agrupación presentou neste Pleno:
-A moción sobre o Punto Limpo. Parece que esta moción gustou na Corporación, sobre todo, no equipo de Goberno, que decidiu votar A FAVOR.
Pedimos a creación dun regulamento para coñecer os nosos dereitos e obrigas como usuarios e evitar que siga aparecendo lixo de todo tipo, en lugares como o monte, ao lado dos colectores, etc.
É necesario que os veciños coñezamos os horarios para poder levar os residuos, que materiais se recollen, en que condicións debe chegar ao Punto Limpo, promover información sobre como separar eses materiais,…
  • Por outra banda, tamén tivemos que votar…
-Sobre o canon da auga. Non podemos abandonar ás familias á hora de afrontar o pago excesivo de 1000 euros ou 2000 euros… por unha fuga ou rotura na súa propiedade. Por iso, votamos A FAVOR para que a decisión final non quede nas mans do equipo de goberno e que o criterio sexa igual para todos.
  • Neste Pleno, aínda que se contestaron moitas das nosas preguntas, o equipo de goberno deixou no aire que ocurrirá co posto da Asesora. Non se sabe se será ocupado por outra persoa, se vai desaparecer ou se, con eses cartos, se vai liberar a un concelleiro. Como ben se nos dixo, “iso saberase no seu momento”!!!

03 abril 2017

MOCIÓN DO PLENO DE 27 DE ABRIL.


AO PLENO  DO CONCELLO DE MEAÑO

  O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida ao regulamento de explotación do Punto Limpo

   Os Puntos Limpos son recintos ubicados no entorno dos concellos, co obxetivo fundamental de servir aos cidadáns como centro de aportación voluntaria para a recollida dos residuos xerados no ámbito domiciliario.
  Están dotados de contenedores específicos para os distintos tipos de refugallos susceptibles de entrar nos circuítos de reutilización e reciclaxe, e para aqueles que, debido ás súas características tóxicas ou perigosas, deben ser xestionados de acordo coa lexislación autonómica vixente nesta materia Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.
   Constitúe, polo tanto, un sistema de recollida selectiva, sendo un centro no que se reciben, almacenan e valoran os residuos domésticos que non teñen saída a través da recollida diaria.
   En ningún caso se trata dun vertedoiro, senón dun lugar para almacenar temporalmente os residuos ata entregalos a xestores autorizados.
   O Concello de Meaño conta cun Punto Limpio no que se realizan as accións descritas no párrafo anterior, pero non conta cun regulamento no que se establezan todas as variables determinantes nesta actividade.
   Ante a falta dunha normativa que regule esta situación, o noso concello está a sufrir, ano tras ano, a creación de vertedoiros descontrolados, como a que sucede nos montes, e que traen consigo a contaminación do medio ambiente.
   Ademais, reiteramos a necesidade de sensibilizar aos cidadáns respecto da separación e recuperación dos residuos e proporcionarlle aos veciños un medio para eliminar os que representen un perigo para o medio, como aceites, pinturas, fluorescentes, radiografías, etc.
  O impacto desta contaminación, como acabamos de dicir, está a ser tan elevada e perxudicial que, xa en plenos pasados, acordouse instar á Xunta para realizar a limpeza da ría a través dunha moción presentada por este partido.

Dito isto, é necesario que se aprobe un regulamento municipal no que se especifique o seguinte:
    - Horario.
  1. - Obxetivos fundamentais do Punto Limpo
  2. - Usuarios do Punto Limpo
  3. - Servizos que prestará o Punto Limpo
  4. - Tipoloxía dos residuos admisibles no Punto Limpo (tales como, residuos especiais, residuos municipais e asimilables e outros residuos)
  5. - Determinación do xestor autorizado
  6. - Descrición do responsable ou responsables da instalación
  7. - Determinación do control do Punto Limpo
  8. - Rexistro
  9. - Funcionamento e xestión

De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;

1.      CREACIÓN DUN REGULAMENTO DE EXPLOTACIÓN DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE MEAÑO



En Meaño, a 3 de abril do 2017

21 marzo 2017

Copa Deputación de Fútbol.


Os dous próximos días, poderemos desfrutar de fútbol no campo de As Cachizas, en Dena.
Despútanse os partidos da Copa Deputación do Xil e o Dena.

Hoxe, 21 de marzo, ás 21:00 horas, o Club Deportivo Xil enfróntase ao Juventud Cambados. 

Mañá, 22 de marzo, tamén ás 21:00 horas, será o turno do Unión Dena Club de Fútbol fronte ao Atlético Cuntis.

Non vos perdades estes partidos!!!

20 marzo 2017

Festa en Lores.


Mañá Lores vístese de gala, para festexar San Bieito!!!


Ás 5 da tarde farase a tradicional subasta das ofrendas, que reciba o santo.

Non volo perdades!!!

San Xosé 2017.

Desde a nosa agrupación, queremos felicitar á Comisión de Festas de Dena, polo seu bo facer e esforzo; polas súas ganas e empeño en conseguir que non se perdan as tradicións; por encher esta parroquia de visitantes; por tanto traballo que non se ve, pero que é imprescindible...
Noraboa!!!



Teatro en Dena.



O domingo 12 de marzo tocou teatro en Dena, da man do Grupo de Teatro de Lores.


 Foi unha hora, na que pudemos desfrutar de risas e situacións cómicas.


Parabéns aos actores e ao seu director!!!






O 19 deste mes, tamén houbo teatro no Centro Social, esta vez do Grupo de Teatro de Baión.





O próximo domingo será o turno do Grupo de Teatro de Ribadumia. Non volo perdades!!!

Programa Benestar Balnearios 2017.



A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para solicitar a participación no seu programa de termalismo.

Para poder beneficiarse deste programa, hai que:

- Ser maior de 60 anos ou de 55 anos, se se é pensionista da Seguridade Social por xubilación, invalidez, viuvez ou outro tipo de pensións.
- Estar empadroado nun concello galego.
- Valerse por un mesmo nas actividades diarias, agás as persoas que leven acompañante.
- Non presentar alteracións de comportamento nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica.
- E obter a puntuación requirida.

As quendas serán de 10 días, desde abril a decembro.

A Consellería subvenciona o 27% da praza de cada balneario. O prezo está pechado para cada quenda e balneario e figura na Orde da convocatoria, ao igual que a documentación a aportar. Podedes velo todo, pinchando aquí.

A presentación das solicitudes será, preferiblemente, en rede e, opcionalmente, presencial nos Rexistros da Xunta de Galicia.

Para cubrir a solicitude en rede, premede neste enlace.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o luns 17 de abril.

Non vos quededes sen solicitar a vosa praza!!!

Campamentos Depo Aventura A Lanzada 2017.


A Deputación de Pontevedra ten aberto o prazo, para solicitar os seus campamentos de verán, na praia de A Lanzada.

Poderán participar nestes campamentos, os nados entre 2004 e 2009, ambos inclusive; que estean empadroados na provincia de Pontevedra; e que non teñan enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa.

Realizaranse 11 quendas, entre os meses de xuño e setembro, de 7 días de duración cada unha delas.

As prazas adxudicaranse cun procedemento xeral, a través dun sorteo. 
O pago final das familias será de 100 euros por menor (a Deputación subvenciona o 50% da praza, que ten un custo real de 200 euros), con todo incluido, ou 80 euros, no caso das familias numerosas.

Tamén se adxudicarán prazas por un procedemento específico, para menores en situación ou risco de exclusión social. Neste caso, a Deputación de Pontevedra subvencionará o 100% da praza.

A inscrición farase preferentemente a través da web da Deputación, onde se cubrirá a solicitude e se xerará o xustificante, que se entregará xunto coa documentación, nos Rexistros da Deputación.
Tamén se poderá entregar en formulario impreso.

O prazo de entrega estará aberto ata o luns 3 de abril.

Meaño ten asignadas, polo número de habitantes cos que conta, 25 prazas: 4 prazas para o procedemento específico e 21 prazas para o procedemento xeral.

Podedes consultar toda a información e a documentación a entregar, no seguinte enlace.

Moita sorte!!!


Escola Infantil Municipal.


O Concello de Meaño manterá aberto o prazo, para entregar as solicitudes de novo ingreso na súa Escola Infantil de 0 a 3 anos, para o próximo curso 2017-2018, ata o próximo 15 de abril.

Xunto coas solicitudes, terán que entregar a documentación necesaria no Departamento de Educación, nas oficinas da Casa do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As persoas interesadas poden consultar a documentación necesaria no seguinte enlace ao bando municipal.


Masterclass na Escola de Música Municipal de Meaño.


As prazas para as Masterclass están limitadas a 10 alumnos por instrumento.

 As clases impartiranse en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Haberá un Concerto de Clausura o mércores 12 de abril, ás 20:30 horas, no Centro Social de Dena.

Recordade: o prazo de inscrición remata o mércores 5 de abril. Animádevos a participar!!!

Foto de Escola de Música Municipal de Meaño.

17 marzo 2017

Homenaxe ás mulleres do concello.

O venres 10 de marzo, no Centro Social de Dena homenaxeouse a un grupo de mulleres nadas en 1952, que se van xubilar ao longo deste ano 2017.



 Os nosos parabéns a estas mulleres, que loitaron, loitan e loitarán polas súas familias.


Despois, puidemos desfrutar da música e da exposición da Muller Traballadora, que, permanecerá ata o verán no Centro Social, aberta ás visitas.


Animádevos e pasade a vela.
Noraboa a todas!!! 


X Cea de Cofraternidade de Mulleres.

Foi unha gran noite a que pasamos todas en O Compadre!!!
Mulleres de todas as parroquias, desfrutamos dunha boa comida, música, sorpresas e flores de agasallo.
Unha noite festiva, para conmemorar unha data que non se debe esquecer, que é a única forma de que non volva pasar: 8 de marzo!!!




Parabéns a tod@s!!!

08 marzo 2017

Dena en Festas.


Chega a festa a Dena!!!

Moitas gracias á Comisión de Festas polo seu esforzo e adicación, para manter as tradicións e que non se perdan as festas nesta parroquia!!!

Foto de A.C. Comisión de festas de Dena.

Animádevos e achegádevos a Dena para bailar e desfrutar!!!

Sae a concurso a Tasca O Ferreiro (Lores).



Hoxe o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica o anuncio do Concello de Meaño, polo que se convoca a licitación para a adxudicación da explotación da Tasca O Ferreiro, en Lores.

A tasca atópase na Ruta dos Muíños de Simes-Lores.

Pódedes ver o prego de cláusulas do concurso, para a explotación deste establecemento, pinchando aquí. 

A concesión será para o ano 2017, podendo prorrogala anualmente, a petición do adxudicatario, ata o 31 de decembro de 2020.

A oferta será á alza, cun mínimo de 3000 euros. Ademais, pídese unha garantía definitiva de 300 euros.

As ofertas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Meaño, en horario de 9:30 a 14:30 horas, de luns a venres, durante os próximos 15 días naturais contados a partir de mañá.

Recordade que, cada candidato, soamente pode presentar unha única oferta.

Consultade o enlace de arriba, para ver a documentación completa.

Moita sorte para tod@s @s interesad@s!!!


07 marzo 2017

Charla sobre a avespa asiática.


Chega a primavera e, con ela, as abellas e avespas. 

Por se tedes problemas coas nespras asiáticas, o próximo sábado 11 de marzo haberá unha charla informativa e un obradoiro sobre construcción de trampas para este animal, a cargo da Asociación Galega de Apicultura.

Será ás 11 horas, no Centro Social de Dena.

As persoas interesadas, deberán inscribirse na Casa do Concello, antes do xoves 9, ás 14 horas.

05 marzo 2017

Sobre o Polígono de Nantes.



A Agrupación Socialista de Meaño veu demandando respostas a cuestións como cal era o estado da Estación Depuradora de Augas Residuais de Os Pasales; ou cal era a súa capacidade para recibir o caudal xerado polo futuro Polígono Industrial de Nantes (Sanxenxo), desde que se comezou a falarse desta posible conexión.

Cada vez que lle preguntamos ao grupo de goberno por este asunto, contestaron que non eran técnicos nin expertos na materia e que descoñecían as respostas ás nosas preguntas. 

Sen embargo, seguiron sen facer ningunha consulta a Augas de Galicia.

A resposta chegou fai un días e podedes lela aquí.
O informe de Augas de Galicia é desfavorable.
A EDAR non é quen de recibir un caudal tan elevado como o do polígono citado.
  
En publicacións posteriores, afírmase que a EDAR está saturada e o bombeo non podería co aumento do caudal. 
A estas informacións, a Alcaldía contesta dicindo que "confía en que a situación se reconduza"

Estaría ben saber como espera que se faga.
 Cunha nova estación de bombeo? Cunha nova EDAR? Desconectando da rede aos veciños de Meaño? Ou espera que o milagre veña do seu partido político? Obrigarán a Augas de Galicia a rectificar? Despois de todo, os únicos perxudicados serían os veciños de Meaño e Meaño non é máis que un concello pequeno.

Todo apunta a que esta última é a mellor opción.
 Un barón do partido de goberno na Xunta afirma categoricamente, o polígono conéctase a Meaño, si ou si...e a nosa alcaldesa permanece en silencio, confiando en que a situación se reconduza... perxudicando aos nosos veciños? Antepoñendo intereses privados? A risco de multas posteriores de Augas de Galicia por verquidos? Sen ter en conta a saúde dos veciños?
Cantas preguntas sen resposta. Confía, en que? en milagres do seu partido? na Galicia do caciquismo?

E, para finalizar a historia, a quen deciden todos acusar co dedo, coa complicidade de quen nos goberna? A Meaño principalmente, aínda que tres concellos verten nesta EDAR.

Din que vertemos pluviais e a Alcaldía non resposta!!! 
Claro, que algún partido da oposición tamén o afirma, sen que a Alcaldía lle resposte. De onde sacan esas afirmacións? Que datos manexan? Ou é que durante pasadas lexislaturas, cando gobernaban outros, se cometeron irregularidades ou se pagaron favores? Houbo tamén cacicadas?

Cantas das nosas pluviais acaban na EDAR?
Soamente o 20% aproximadamente das nosas augas pluviais acaban na EDAR
Con esa cantidade satúrase a estación?
 NON!!!
Que conecta realmente Sanxenxo a EDAR? Ou Cambados? Alguén o sabe? Alguén o comprobou?
Máis interrogantes sen resposta.

BASTA XA DE ASOBALLAR AO PEQUENO!!!

03 marzo 2017

Oferta de Emprego Temporal.


No seguinte enlace podedes ver os postos ou categorías profesionais que se ofertan; a ocupación en ditos postos; o número de traballadores, cun mínimo de 1 a 6 contratos; e a duración do contrato, que varía entre os 3 e os 8 meses.

Se vos interesa algún dos postos, revisade os vosos currículos no Servizo Público de Emprego.

Sorte a tod@s!!!