05 junio 2017

MOCIÓN DO PLENO DE XUÑO DE 2017


AO PLENO  DO CONCELLO DE MEAÑO

O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN, referida á creación do Portal de Transparencia.

     Según  a Exposición de Motivos da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (BOE nº 295, do 10 de decembro do 2013), a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser o eixo principal de toda acción política. 
   Só cando a acción dos responsables públicos se somete a escrutinio, cando os veciños poidan coñecer cómo se toman as decisións que lles afectan, cómo se manexan os fondos públicos ou baixo qué criterios actúan as nosas institucións poderemos falar dunha sociedade crítica, esixente e participativa.
   No artigo 10 de dita Lei establécese a creación dun Portal de Transparencia que facilite o acceso aos cidadáns da información desta natureza e no artigo 12 contémplase que “todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública, nos termos previstos no artigo 105.b) da Constitución Española, desenvoltos por esta Lei”.
   Unha das principais funcións da páxina Web do Concello é transmitirlle aos veciños toda a información das decisións que se acorden ou se tomen nos Plenos, que coñezan o destino de cada céntimo de diñeiro público do Concello, así como, mostrarlles as novidades sobre as actividades que se desenvolvan no ámbito do Concello, entre outras.
   No Concello de Meaño estase a incumprir a citada Lei de Transparencia ao non ter creado o Portal de Transparencia na Páxina web.
   Noutros concellos colindantes están cumprindo con esta Lei a distintos niveis. Xa sexa creando o Portal de Transparencia, que é de obrigado cumprimento para os concellos dende o mes de decembro do 2015, ou a través da aplicación dos indicadores promovidos por Transparencia Internacional España, que mide e evalúa anualmente aos concellos.

   No Portal de Transparencia deben publicarse, como mínimo, a seguinte información:

1.      Información institucional, organizativa e de planificación: Sobre o Pleno, Xunta de Goberno, a estructura organizativa do Concello, datos biográficos, retribucións, declaración de intereses, actividades e bens da Corporación Municipal, mocións presentadas dende decembro do 2015, postos de traballo e procesos de selección.

2.      Información económica, presupuestaria e estadística: Presupostos, contas anuais, estados financieiros, informes de estabilidade orzamentaria, Licitacións e adxudicacións, Patrimonio Municipal, relación de contratos menores, mesas de contratación, modificacións de contratos, convenios e subvencións.

3.      Información de relevancia xurídica: Información da Xunta de Goberno Local (con ordes do día e extracto de acordos adoptados), información do pleno, ordenanzas e normativas, reglamentos orgánicos e resolución xudiciais que afecten ao Concello respetando sempre a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de Carácter Persoal.

De acordo con todo o anterior, sómetese á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;

1.      CREACIÓN DO PORTAL DE TRANSPARENCIA NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE MEAÑO



En Meaño, a 5 de xuño do 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario