AO PLENO DO
CONCELLO DE MEAÑO
O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de
Meaño a través da sua voceira Icía García Fernández e ó abeiro do disposto nos
artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime
Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da
Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN,
referida á creación dunha ordenanza para regular a tenencia e a protección de
animais de compañía
O concello de Meaño
presenta no seu conxunto unha zona rural e, tamén, unha zona urbana. Nelas os
seus habitantes teñen animais domésticos ao seu coidado.
Como é por todos sabido, os/as propietarios/as ou posuidores/as de
animais estarán obrigados/as a proporcionarlles unha alimentación suficiente e
adecuada ás características de cada animal, así como a darlles a atención
sanitaria pertinente. Deste xeito, as condicións do aloxamento dos mesmos deben
ser óptimas e lonxe de perigos ou molestias para a veciñanza ou para outras
persoas.
O Concello de Meaño non conta conta cunha ordenanza que
regule a actividade destes animais e, ante a falta dunha normativa que marque
esta situación, o noso concello está a sufrir, ano tras ano, a aparición de
animais abandonados polos camiños ou de animais que adoitan usar os lugares
públicos para facer as súas necesidades.
Por outro lado, tamén son salientables os casos de animais mortos que
están a aparecer nas vías públicas. Isto é debido ás malas condicións que
sufren ditos animais. Débese buscar unha regularización neste tipo de
situacións para non ocasionar problemas de salubridade.
Dito isto, é
necesario que se aprobe un regulamento municipal no que se especifique o
seguinte:
- A regulación de que animais domésticos se consideran
perigosos e cales non
- As obrigas que se deben ter cos animais domésticos
- Os animais abandonados
- A protección dos animais
- O coidado do entorno urbano
- As infraccións e sancións pertinentes
De acordo con todo o anterior, sómetese
á consideración do Pleno da Corporación á aprobación seguinte;
1.
CREACIÓN DUNHA
ORDENANZA PARA REGULAR A TENENCIA E A PROTECCIÓN DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA
En Meaño, a 7 de agosto do 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario