20 marzo 2017

Programa Benestar Balnearios 2017.



A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para solicitar a participación no seu programa de termalismo.

Para poder beneficiarse deste programa, hai que:

- Ser maior de 60 anos ou de 55 anos, se se é pensionista da Seguridade Social por xubilación, invalidez, viuvez ou outro tipo de pensións.
- Estar empadroado nun concello galego.
- Valerse por un mesmo nas actividades diarias, agás as persoas que leven acompañante.
- Non presentar alteracións de comportamento nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica.
- E obter a puntuación requirida.

As quendas serán de 10 días, desde abril a decembro.

A Consellería subvenciona o 27% da praza de cada balneario. O prezo está pechado para cada quenda e balneario e figura na Orde da convocatoria, ao igual que a documentación a aportar. Podedes velo todo, pinchando aquí.

A presentación das solicitudes será, preferiblemente, en rede e, opcionalmente, presencial nos Rexistros da Xunta de Galicia.

Para cubrir a solicitude en rede, premede neste enlace.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o luns 17 de abril.

Non vos quededes sen solicitar a vosa praza!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario